Estou abraiada! é o segundo mimiño que me fan este mes e co mimosiña que eu vos son sábenme a Groria Bendita!!
Esta vez mímame Mamaliga, da que xa vos falei eiquí. E como este mes é triste polo acontecido en Madrid vou transformar o mimiño en algo que nos quente o corazonciño, polo que non imos falar das cousas das que non gustamos e como o proxecto semanal desta semana é o aire, ahí vai:
1- Gústame a airexa (brisa do mar) no inverno, con ese arrecendo a costa que trae, ese cheiriño a mar, mmmm
2- Gústame como cheira o aire despois de ter chovido, e mellor cando estás na casa esperando a que escampe e saes, e venche ó nariz ese cheiriño a ozono.
3- Gústame a nortada cando vou moi quentiña e cun bo sombreiro e luvas de lá
4- Gústame o zoar do vento.
5- Gústame cando fai moito vento abrir os brazos e sentilo por todo o corpo coma se voara
6- Gústame cando fai temporal e o vento quere levarme a bailar.
E agora pásolle o mimiño a 6 persoas (este mimiño non ven acompañado da "maldición de romper a cadea" así que non é obrigatorio facelo, pero si o facedes recordade que só tedes que pór 6 cousas que vos gustan, pero teñen que ver co aire):
1- Un mimiño moi grande para Cristina, pra que veña un vento moi forte que se leve o que ten o seu home. [Un mimiño muy grande para Cristina, para que venga un viento muy fuerte que se lleve todo lo que tiene su pareja]. (Traduzo porque non entende o galego)
2- Un mimiño á Tartaroucha, para que sopre unha brisa fresquiña nas comidas familiares.
3- Un mimiño para Marta, a ver se se lle pasa o cabreo cunha voa ventada hehehe.
4- Un mimiño para Anabel, de Fieltromanía, que tampouco está no seu mellor momento e tamén precisa que a acariñe o vento.
5- Un mimiño para Azu de AmigosHomeschoolers, a ver se ten a sorte de que veña o vento a arrumbarlle todo o arrumbavel.
6- Un mimiño enorme, infinito, a todos os que están a sufrir estes días terriveis.