22 de agosto de 2008

Quero unha terceira columnaaaa!!

Se alguém dos que me ledes sabedes como é que podo engadir unha terceira columna (mantendo a herbiña que plantei) e me botara unha man, estaríalle moi agradecida. A disposición da que gosto é como a do blogue de allsorts (por certo e xa que estamos, moi interesante) e quería algo así para arrumbar un pouco o desorde da columna única.

Xa remexín pola rede na procura de tutoriais pero non sei porqué non me van na miña plantilla os códigos que atopo, ou igual é que non os sei por onde teñen que ir porque eu de Xml non teño nin ideia.

Graciñas adiantadas

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails