_______________________
Como nos gustaría que fosen os nosos fillos?De maiores, como nos gustaría que fosen os nosos fillos? Ricos e famosos? Aínda que ricos hai poucos, e non sempre son felices. Iso, iso é o importante, que sexan felices.
Claro que, ben pensado, coa felicidade non basta. Hai quen é feliz roubando e matando, hai quen é feliz a custa dos demais... Realmente, isto do futuro dos fillos é algo que non se pode decidir por riba. Haberá que reflexionar. Como queremos que sexa o noso fillo? Talvez moitos lectores pensen así: "Que sexa cariñoso, amavel, sinceiro, traballador, honrado. Que sexa capaz de atopar un lugar no mundo e saiba ser feliz nel. Que atope alguén a quen amar, e que se faga merecedor de ser amado. Que saiba obedecer sen servilismo, e mandar sen arrogancia. Que non se humille ante os grandes nin desprece aos pequenos. Que faga valer os seus dereitos e respecte os dos demais. Que teña moitos amigos e os saiba conservar, que sexa capaz de axudar e de pedir axuda, de escoitar e de facerse ouvir, de confiar nos que o merecen e en merecer a confianza dos demais. Que goce das alegrías e se manteña firme ante as penalidades. Que dea máis importancia ás persoas que ás cousas, aos amigos que ás riquezas".
Pois ben, hai uns meses a nave de exploración miposiana PJ-328 estivo estudando o noso planeta, co propósito de coñecer cáles son as nosas prioridades na educación dos nosos fillos. Son antropólogos (o orixinal di "zoólogos", debe ser un erro) analisaron miles de horas de interacción entre pais e fillos, tanto ao aire libre como nas casas (moi útiles, esas cámaras de raios X). Observaron a que adican os pais máis tempo, qué motivos lles levan a reñir ou a felicitar aos seus fillos, qué condutas os poñen máis nervosos. No seu informe lemos: "Os terrícolas educan aos seus fillos para que se convertan nun tipo especial de adulto, moi apreciado socialmente: un adulto que o coma todo, que durma dun tirón e recolla o seu cuarto. Un adulto que nunca interrompa outros adultos cando falan, que non berre, non salte, non corra polos corredores nin debuxe nas paredes, que non se manche ao comer xeado e non deixe miolos no sofá. Un adulto que coma sen poñer os cóbados enriba da mesa, sen facer ruído coa sopa nin levantar do chan ningunha pata da súa cadeira". E vostede? Se un zoólogo miposiano o observa falando co seu fillo, chegaría a adiviñar qué cousas son para vostede as máis importantes, e cáles non o son? Sexamos consecuentes coas nosas prioridades, aínda que solo sexa para non confundir os miposianos.
_______________________
* Carlos González é pediatra e un dos máximos especialistas en lactancia materna da España. Tamén é autor de varios "bestsellers": Besame mucho, Mi niño no me come, Manual práctico de lactancia materna, Un regalo para toda la vida,