11 de setembro de 2010

Meme dos 720 mensaxes

Seica debe ser un erro, levo xa tantas mensaxes? miña nai!! :D
O meu querido pai de leo invitoume a facer este meme, a ver qué sae :)
~~


Canto tempo levas como blogueira?

Empecei, con este mesmo blogue, hai case dous anos. En xuño de 2008 foi a miña primeira mensaxe de proba.

Como te enteiraches da existencia dos blogos?

Pois foi por un amigo, el e máis a miña xemelguiña son os culpáveis de que teña un blogue :)


Cinco blogues que sigo diariamente ou con moita frecuencia.
Só cinco? pois a verdade é que sigo moitos máis, glups! teño unha chea deles no meu bloglines e alí os vou vendo (por certo que o bloglines fecha AAAAAAAAAA, teño que mudar a outro reader, algunha recomendación?)

Es lector anónimo dalgún blogo?
De moitísimos!! nalgúns non comento porque o meu coñecemento da lingua do blogue non é demasiado bo e pra dicir unha parvada... e noutros non comento porque total o autor nunca resposta.


Algúns autores que che acorden especial simpatía.
Dos da casa o primeiro é o pai de leo sen duvidalo nen por un momento, porque sempre está aí, sempre cunha palabra de ánimo. E a miña toliña, que tamén me acompaña a cotío dende o principio e o meu cariñoso cernekernel, criante dun dos últimos falantes da nosa fermosa lingua :)

Dos de fora só vou nomear a dúas (que van coa familia no mesmo pack) e que xa son alguén especial porque as puiden abrazar e mimar en persoa. Está a miña vasca preferida (non vos imaxinades o amorosa que é esta muller, a min sorprendeume) e a miña cuentista que é o merengue feito persoa. Despois hai moita xente coa que teño un aquel especial como lle acontece a todo o mundo (comecei a enumeración mais dá-me medo esquecerme a alguén), eu creio que elas (e ollo que emprego o feminino por seren maioría) xa saben quen son.

Do extranxeiro más extranxeiro, dese onde falan "guachi-guachi", vou dicir a  Loly de lolychops que é unha rapaza superriquiña e que fai unhas cousas preciosas e que sempre contesta aos comentarios ou che manda un email, a miña doce Sarah de creative jewish mom, outra rapaza que sempre ten unha palabra bonita e é un referente no mundo xudeo, Maggy de Red Ted art's blog, coa que manteño tamén correspondencia e intercambiamos links e é tamén moi riquiña e medio-madrileñ, e Claudia de Au fil des jours que é unha coñeira de coidado e tamén sempre resposta aos comentarios e sempre cun sorriso. Edito porque acábome de dar conta que esquecín a Natasa de Leptir, é imperdoabel! porque esta rapaciña é un amor! eu non dubidaría en mandar aos meus fillos ás súas aulas :)


 Con que cinco blogueiros irías de esmorga?
Uy, xa esmorga aos meus anos... hahaha


Con que blogueiro pasarías unha noite de loucura sexual?
mmmm Brad Pitt ten blogue?


Namorácheste algunha vez dalgún blogueiro?
Érache o que me faltaba!!


Estás satisfeito co teu blogo?
A verdade é que sí, ás veces penso que é demasiado ecléctico, que debería facer algo máis específico e non esta "misturansa" que é un querer e non poder mas a verdade é que a vida está composta por moitas pequenas cousas non é?


Espallar este meme entre 3 e 5 blogs
a ver, a ver... pois non vos sei a quen pasarllo! así que estades todos invitados e se o facedes despois deixade o linky si?