3 de janeiro de 2010

Proxecto Granxa

Antes de que comezara o Nadal embarcámonos neste miniproxecto, agora mesmo estamos "de vacacións" pero tiña a entrada medio feita para ensinárvola así que aquí vola deixo namentres remato os meus agasallos para Reis.


Temos una caixa chea de imáns de variada procedencia e temática e para comezar co tema dínllela e pregunteilles que poderían atopar nunha granxa, a verdade é que teñen claro que animais son domésticos e cales outros son salvaxes, fiquei contenta porque era a primeira vez que falabamos das granxas como "tema" de estudo.
Photobucket

Así que nos puxemos a enfeitar o noso mural co tema granxeiro e fixemos unha granxa con froiteiras, con valados para que non fuxan os animais, etc. Por suposto, todo feito con cartón de caixa de cereais ;) e por suposto foi enfeitada tamén de Nadal.
Photobucket
As portas e as xanelas da granxa ábrense e dentro xa houbo de todo, bonecos de neve, árbores de Nadal,... Namentres o facíamos fixeron unha lista do que poderíamos atopar nunha granxa e contáronme que se fai nas granxas.

Tamén montaron unha granxa de xoguete regalo duns moi queridos amigos e brincaron con ela e sacáronlle unha chea de fotos (agora na casa sácanlle foto a TODO!).
Photobucket
Photobucket

E xogaron cun dominó de animais (tamén por xentileza dos mesmos amigos) e por suposto tamén axudaron co tema os animaliños que teñen.
Photobucket

O proxecto "semanal" cabalo casa moi ben con este tema, así que deixo tamén a ligazón.
Palabra clave: cabalo

E imprimín e plastifiquei algunhas tarxetas do blogue de Claudia (por certo non vos perdades a fantástica maqueta dunha granxa antiga que fixo un dos seus fillos), aquí vos deixo as ligazóns das tarxetas que poden axudar a estudar a granxa e que como sabedes podedes editar e por na lingua que queirades. Unha vez máis grazas Claudia pola túa xenerosidade :)

--------- Tarxetas de froiteiras
--------- Tarxetas de froitas (Doc ou PDF)
--------- Tarxetas de legumes(Doc ou PDF)
--------- Tarxetas de animais domésticos e salvaxes (desculpádeme que non poña a ligazón porque baixei as tarxetas e agora non a atopo)


***** en galego *****

***** noutras linguas *****