19 de dezembro de 2009

Handmade Christmas IV

Calquera diría que estou enganchada ás grilandas e é verdade, encántanme, parécenme un recurso decorativo doado de facer e que da moito calor de fogar. Non vos parece?

A última fíxena cuns preciosos e doces bonecos de neve que fixo Jenny de Stitcher Scribble (premendo na ligazón lévavos a unha mensaxe onde ela ensina a grilanda que fixo con eles e tamén está a ligazón para baixalos).

Grilanda de bonecos de neve

Aos meus pequenos encantoulles ("gústame até a Lúa e volver á casa e ir outra vez á Lúa e volver á casa" e "gústame máis que nada jamás").