Pois xa temos montada a nosa árbore! :)
Seguindo a tradición familiar, aproveitamos a ponte da Constitución para enfeitar a casa cos adornos de Nadal e aquí está o resultado, a punto para o proxecto "semanal" adicado a estas datas.
Como vedes, somos minimalistas :DDDDD

A árbore ten unha grilanda "tradicional" en vermello e esa outra que vedes branca como facendo folerpas en realidade é unha madeixa de la do bazar chinés, encántame!
A meirande parte dos enfeites son feitos a man, o ananiño verde fíxoo a miña nai.
E xa vedes que en troques de bolas, temos pompóns.

Unha mistura de la, feltro, madeira, arxila,... :)
Esa preciosa madalena é de Crocheted Little Things, da que xa vos falara aquí.