28 de novembro de 2009

Matemáticas: xogando ás tendas

As veces complicámonos (e complicámoslles) a vida e non nos damos conta que a solución e moito máis doada e máis divertida. Aquí vos deixo unha alternativa aos exercicios de escritura e ás fichas con sumas.

*** * ***

Montar un negocio sempre é unha dura tarefa:

1. Encargar a rotulación:
Matemáticas


2. Clasificar os productos (polo camiño sorprendéronse de cántas cousas eran "verdura" e da cantidade de delas que comen) e pórlles prezo:
Matemáticas
Matemáticas


3. Botarlle unha última ollada á tenda e admirar o preciosa que ficou (aí tendes as miñas caixas para os workboxes, que seica estaban predestinadas a unha vida "mellor")
Matemáticas


4. Tras berrar -errr quixen dicer publicitar- a apertura da tenda, só resta agardar á chegada dos clientes.
Matemáticas


5. Que seica non tiveron queixas malia o desorbitado dalgúns prezos
Matemáticas


6. Así que só resta comezar a pasar por caixa as compras
Matemáticas


7. "Canto é tendeira?"
Matemáticas


8. - "Sonche ..."
- "Deixa que conte: 1, 2, 3, ..."
Matemáticas


9. "Teña, creo que está todo"
Matemáticas