28 de outubro de 2009

A noite das cabazas está cerca

E xa comezaron a enfeitar a casa, teño meeeeedo!! :)

Esqueleto reutilizado do noso proxecto trimestral anatómico, casa da bruxa e candeas feitas con megablocks aos que se lles pegaron as xanelas e a porta, cabaciña de caixa de ovos e precioso pendurico con morcego, vampiros e unha pera malvada.

A vosa casa tamén ten este aspecto tan terrorífico?