30 de outubro de 2009

Almacenar e reciclar

Confeso que me custa desprenderme das cousas que significan ou significaron algo para min ou para alguén querido e con este panorama de síndrome de Dióxenes incipiente xa vos imaxinaredes, igual podo ter gardados os meus primeiros dentes que unha cinta métrica de costureira da miña avoa. O meu compañeiro mírame con ese sorriso tenro de "estás tola mas encántame a túa tolemia" i é que entre os meus tesouros tamén teño as notas que me mandaba ás agachadas do profe, ou os billetes de barco da nosa primeira viaxe xuntos,... en fin, quen precisa dunha caixa de tesouros pudendo converter a túa casa nun gran cofre? ;)

Con esta teima de ghardalo todo é que xorde a necesidade de criar espazos de almacenamento e como ademais unha gosta de reciclar, pois os contedores son do mais variado e estrambótico, tamén gosto moito das cestas e tamén "abusamos" do seu uso, hainas tan bonitas!


Hoxe gustaríame de ensinarvos un par de exemplos de almacenaxe reciclante, que non replicante mas... quen sabe? hahahaha

Os botes dunha coñecida marca de cafés empregámolo para case todo, mesmo gardamos as provisións na cociña, cuchas no baño, material artístico, etc. O café está bo e aínda por riba despois podes empregar o bote... que máis podes pedir? :)

(a nosa colección de tesoiras xa é unha vella coñecida vosa)

E coas caixiñas dunhas riquísimas galletas de chocolate acontece o mesmo e ademais son moi decorativas, non vos parece?



E coma xa me coñecen, pois ofrécenme cousas :)
Estas caixas ofreceumas unha coñecida que é quiosqueira, creo que son de gominolas e ademais de funcionar como gabetas, encaixan unhas sobre as outras polo que son fantásticas para almacenar. Estou a ver se consigo máis para empregalas para as educaixas.