1 de maio de 2009

Os maios

O 1 de maio celébranse na Galiza "os maios", festa pagá coa que se celebra a fin do inverno e a chegada da primavera, ten unhas orixes pouco claras, algúns historiadores sitúana no Paleolítico e outros no mundo grego-romano, o único do que temos certeza é da súa antigüidade polo feito de que foron prohibidos nos primeiros anos do cristianismo.

O nome de "maios" o recibe tanto a festa como as súas representacións. Ó redor desta celebración hai moitos costumes, os que eu recordo dende pequena e que aínda se manteñen son:
  • Enfeitar o primeiro de maio os coches e máis as portas das casas. Antigamente colocábanse os ramos de flores tamén nas cortes e nos carros, agora son os coches os que locen nos parachoques xesta ou toxo. Este costume ven de antigo pois sábese que foi prohibido polo Concilio de Braga no ano 570. Istos ramos chámanse "maios"
  • As figuras feitas con herbas, flores, froitas, etc. á redor da cal se canta unha copla satírica que fai alusión ós problemas locais. Tamén se fai o primeiro de maio.
Máis información: Os maios, unha festa antropolóxica galega


Unha actividade para facer cos pequenos sería a realización dun pequeno maio de cartolina enfeitado con recortes semellando as laranxas, ovos, flores, etc.