8 de março de 2009

Imos para a Lúa!!

Ariel embarcoume na viaxe espacial colectiva á Lúa e eu avísovos por se vos queredes vir tamén.

Todo empezou no 2008 cando Ariel montou un blogue a raiz dunha mostra individual que fixera e que se chamaba "Deluganoalaluna (faseone)". Agora está a montar un proxecto colectivo co tema "naves, formas ou elementos para acadar a Lúa" e "también por que no la visión individual de cada uno sobre la luna" que sería "Deluganoalaluna (secondafase) onde vale calqueira técnica (debuxos, sons, textos, fotografias, cortos, stencil, etc.).

Se queredes participar, só tedes que poñervos en contacto con Ariel para enviarlle a obra vía e-mail. Despois el fai unha entrada en deluganoalaluna seconda fase e outra en Vamostodos!!! el satélite coa obra e unha ligazón ó teu blogue ou páxina web.

Ariel ten previsto que se crece a cousa a "fasetres" sería unha mostra itinerante "lo más itinerante que se pueda" de todo o material.

E fecho coas palabras de Ariel: "todos son bienvenidos, que la nave la armamos juntos"

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails