En primeiro lugar vouvos falar das miñas descubertas, dos novos blogues de rapaces educados en casa ou dos seus pais.
- Temos o blogue de anuradha, "Cosas interesantes". Non deixedes de pasarvos e facer o seu divertido "test celular", a min saíume que teño unha personalidade tipo vacúolo: "La función de las vacuolas dentro de la celula es la de transportar agua y sustancias disueltas en ella. Por lo tantanto tu personalidad es de tipo maternal. Representas la vida ,el amor, el hogar. Eres indispensable para tus seres queridos y si mantienes un pensamiento alto crearas una gran ciudad entorno a tí." Non é fermoso?
- O blogue de Silvia, "Creciendo unidos". Una mamá católica e méxico-americana escribindo dende os USA (fago notar a relixión porque hai meses preguntárame outra nai católica por blogues homeschoolers católicos, espero que se o le poida porse en contacto con Silvia).
- O Blogue de Abby, "One Crayola", dende Vicksburg, USA. Un blogue estupendo baseado no método tradicional e montessori.
- Varios fantásticos blogues de Jacqueline dende As Palmas: "Primaria. Aprender es fácil", "ESO. Aprender es fácil", "Mis enlaces educativos". Tres imprescindivéis cheos de recursos e artigos interesantes.
- O Boletín virtual da oficiña de Clonlara na España. Onde tamén participa Jacqueline e poderedes atopar artigos moi interesantes.
- O blogue de Alby, "¿Sabías qué?. Cunha chea de curiosidades científicas.
- "Cuadernos desde el Escaque", blogue de lauratojc.
- Outro blogue de Javier dende As Palmas: "Las mejores fotos".
Na casa teñen moito éxito os "putús de chourizo" nas merendas, son unha especie de chupachuses con pau de pan ós que se lle pode dar diversos sabores: chourizo, xamón, queixo,...

Hoxe fun ás rebaixas para os peques e hai que ver o compricado que é vestir a un meniño pequeno con roupa normal, ou é moi "pija" ou de "adolescente surfeiro" ou de "universitario macarra", e eu só pido roupa diso, de meniño!! Ó final atopei algunha pero costou:

Tiña pendente ensinarvos o agasallo que lle fixen ó meu pai para o Nadal.

E xa para rematar quérovos ensinar o agasallo que lle estou a bordar para a miña nai con ese fío que vedes na foto e que foi da súa nai, non pode ir máis cargado de amor.

Estouno a coser por riba dun papel porque o vin facer nalgures e a verdade non me gusta moito porque ás veces vou un pouco a cegas, aínda que por outra banda evítaste andar a pintar a tea. Se alguén sabe un xeito mellor ou máis cómodo que o diga :) O pelo quérollo facer de feltro e agora estou nun debate interno sobre qué cor lle darei ás xoias, se as deixo en negro ou se as poño nun laranxa clariño que teño... qué opinades?
Se alguén se anima, aqui tedes o debuxo.