15 de janeiro de 2009

SOS PALESTINA: manifestación unitaria galega

Recibín este e-mail:
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Benqueridas amigas e amigos:

Como sabedes, o vindeiro domingo, día 18, ás 12:00 do mediodía, Galicia enteira ten unha cita na Alameda compostelana co pobo palestino, para parar esta matanza, para condear os crimes contra a humanidade do goberno sionista israelita en Gaza. Será unha manifestación unitaria, respaldada por numerosas organizacións da sociedade civil galega, de todo tipo, unidas en defensa e apoio do pobo palestino, contra o masacre, na procura dunha paz xusta, digna e duradeira na rexión.
Entre as organizacións convocantes están varias plataformas nas que o Seminario Galego de Educación para a Paz participa de maneira activa, como son, a Coordinadora Galega pola Paz, a Coordinadora Galega de ONGDs, o Foro Galego da Inmigración ou a Iniciativa polos Dereitos Humanos, así como por moitas outras entidades que se agrupan arredor de Galicia por Palestina e tamén polos diversos colectivos da comunidade palestina en Galicia.
O listado completo de organizacións que na actualidade apoian a iniciativa figura ó final do borrador de Manifesto (xunto) por orde alfabética, estando aberto ás novas incorporacións que o desexen e o comuniquen.
O Manifesto Unitario será lido no remate da Manifestación na Quintana pola actriz María Bouzas e pola moza palestina Laila Tilawi.
A Manifestación irá encabezada cunha pancarta unitaria portada por palestinos e palestinas, co texto en galego e árabe: "Galiza con Palestina. Non ao masacre". Logo irán as pancartas propias das plataformas e das entidades que o desexen.
O Seminario Galego de Educación para a Paz fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que acuda a Compostela e participe nesta Manifestación Unitaria de apoio e solidariedade co pobo palestino.
Confiamos en que participedes e difundades ó máximo esta convocatoria.
Acudide con bandeiras e panoletas palestinas.
Vémonos en Compostela o Domingo ás 12:00 horas na Alameda.
Un saúdo pacifista e solidario.

Manuel Dios Diz
Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-561956
Rúa do Valiño 13- 1º
SANTIAGO DE COMPOSTELA



O Seminario Galego de Educación para a Paz-Fundación Cultura de Paz,

como parte da Coordinadora Galega pola Paz, a Coordinadora Galega de ONGDs, a Iniciativa polos Dereitos Humanos, o Foro Galego de Inmigración, xunto coa Fundación Araguaney, a comunidade palestina en Galicia e máis de 60 entidades e movementos sociais galegos, fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que acuda á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro domingo, día 18, ás 12:00 horas, desde a Alameda ata a Praza da Quintana, en defensa do pobo palestino e contra do masacre sionista en Gaza.

MANIFESTACION NACIONAL UNITARIA
ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS

CON PALESTINA
CONTRA DO MASACRE SIONISTA EN GAZA
POR UNHA PAZ XUSTA, DIGNA E DURADEIRA
PARA QUE REMATE ESTA MATANZA
VIVA O POBO PALESTINO


A Ghentahla do Pichel
Acsur Galiza
Adiante
AGIR
Alternativa dos Veciños de Oleiros
Arraianos
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galaico Árabe Jenin
Assembleia Aberta do Local Social Baiuca Vermelha
Aturuxo Axenpol
BNG
BRIGA
CC.OO de Galicia
Ciberirmandade
CIG
CIMO- Castelao (Coordinadora de Independentes do Morrazo)
CNT
Colectivo dos Mozos Comunistas
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña
Comité de Defensa das Rías
Comités Abertos
Concello de Oleiros
Coordinadora do barrio de Vite-Compostela
Coordinadora de Crentes Galegos
Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Corrente Vermella
COSAL
CUT
DSI
Encontro Irmandiño
Esculca
Esquerda Unida
Foro Galego de Inmigración
FPG
Fuco Buxán
Fundación Araguaney
Fundación Galiza Sempre
Galiza Nova
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos
Isca
Marcha Mundial das Mulheres
Médicos do Mundo
Movemento pola Base
Mundo Sen Guerras
Nós Unidade Popular
OSPAAAL-GALICIA
Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Humanista de Galicia
PCG
PCPG
Pen Clube de Galicia
Plataforma Alternativa
Pola Esquerda
Seminario Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Estudantes
Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG)
Sindicato Labrego Galego
Socialismo Libertario
Solidariedade Internacional
UGT Galicia
Viraventos
Xustiza e Sociedade