16 de outubro de 2008

Que terán Os Bolechas?

Seguro que xa coñeceredes esta familia de 6 fillos do debuxante Pepe Carreiro que eu non sei que terán que tanto gostan ós nenos!!

Son un éxito editorial sen precedentes da literatura infantil galega, mesmo hai un libriño adicado ó nadal no que (como non) xantan bacallau con coliflor. Ós primeiros contos seguíronlles unha chea de produtos relacionados:
  • Libriños onde as personaxes móvense ó pasar as follas.
  • Libriños para dar cor,
  • Libriños con autocolantes,
  • Libros de baño,
  • Libros de texturas,
  • Quebracabezas,
  • Lápis, mochilas, cadernos,...
  • Postais para as máis variadas ocasión, (eiquí podedes baixarvos uns convites deles)
Por se non os coñecedes, deíxovos unha ligazón de A Nosa Terra (a editora) onde poderedes ler 9 capítulos dos Bolechas.


Imaxes extraídas do blogue: O Trasno Viaxeiro

Por certo lm, viches que estos rin con gheada? ;)

12 comentários:

  1. Certo os Bolechas encantanlle aos rapaces.

    Se ven é certo que a campaña que fixo a Xunta tamén axudou eh jeje

    tes razón, non sei que lle pasa ao bloglines que agora falla un montón (co contenta que estaba eu con el)
    besiñosssssssssssss

    ResponderEliminar
  2. Na miña casa gostan e non vimos a campaña da Xunta... Que foi o que fixo?

    Biquiñosss

    ResponderEliminar
  3. pois eu non teia nin idea deles, pero teñen boisima pinta, apertas.

    ResponderEliminar
  4. ai...os meus tenhem desde os crebacabezas, t-shirts,... até uma edizom especial que fizeram da zona onde tá o cole de laura...sabes? essa de "os bolechas en..."?
    ummm... na casa todos falamos com gheada como a maior parte da galiza mas enquanto os "catedráticos" da língua nom proponham outra grafia para ela a mim nom me pilham nessa...
    a ver se para a segunda te envio um miminho desde o blogue muito especial (levo um par de dias pensando colga-lo mas já sabes como é o tempo das mamis).
    beijos.

    ResponderEliminar
  5. por certo... "esto" é um castelanismo :-D

    ResponderEliminar
  6. Que eu non os critico ehh (mellor que promocionen os bolechas que a disney :P )
    Foi a campaña "Eu son.."
    Encheron os coles con material dos bolechas para repartir entre @s nen@s: contos con pegatinas, puzzles, unhas camisetas, q no meu cole usábamos para as excursións, pegatinas...

    ResponderEliminar
  7. belén teño mirado esas camisetas, non sabía que tiñan que ver cos bolechas.

    lm non vale dicer (esto sería un "portuguesismo" non? hahaha) que algo está mal e non dicir como é bem ;) De todolos xeitos o meu galego é noxento, non liches o miña segunda mensaxe do blogue? pois vai ver, vai hahha.
    Eu tamén son moi "gheadeira" ;) e nós tamén temos edicións especiais desas dos bolechas da zoa e son unha chulada.

    Por certo que xa me deixaches intrigada coa sorpresiña, ains!

    Un biquiño (celtismo) ás dúas :LOLLLLLLL:

    ResponderEliminar
  8. Xa me enterei do de "esto" ;)

    http://www.blogoteca.com/dubidas/index.php?cod=14615

    ResponderEliminar
  9. ai nom, linda... eu nom dou lizons magistrais... deverias ler o blogue duma amiga que me disse que "o camiño faise andando". sim, sim... clicas ali no post da grafomotricidade e já o ves ;-)
    sabes? meu avó, galegofalante de toda a vida, também me dizia que o seu galego era terrível e que ele nom sabia falar como os da tele. o teu galego só será noxento enquanto tu penses isso. pelo demais... eu leio-te com muito prazer e nom me causa enjoo nenhum. ao contrario da-me tema para "picar-te" um bocadinho e tirar-me um sorriso quando leio a resposta. encanta-me o teu humor. beijos

    ResponderEliminar
  10. hahaha Um beijinho enorme chinchona hahaha


    Agora falando á serio (uis! hahahaha) eu tamén teño escoitado o mesmo que dicía o teu avó. Eu sempre digo que estamos acostumados a falar o galego de "andar por casa" que o otro, o da tele, é o galego culto. E a xente mírame e dime "pois tes razón" e entón convéncense un pouquiño de que si saben falalo.

    ResponderEliminar
  11. Tamén serven de guía turística por vilas galegas.

    ResponderEliminar
  12. É certo paideleo, é do que falavamos lm e máis eu, da colección de "os bolechas en..." :)

    ResponderEliminar

Gracias por pasar por aquí y dejarme tus palabras :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails