6 de outubro de 2008

Proxecto semanal landroeiro

Esta semana tiñamos como "proxecto semanal" as landras, así que botamos a andar e fomos a unha carballeira a collelas e despois fixemos esculturas con elas en arxila branca. Algunhas delas pintámolas e todo e tamén aproveitamos para facer outras cousas coa arxila, claro. Seguramente formarán un pendurico no futuro.
(E continuo a ensinarvos anaquiños da nosa biblioteca).

Non só empregamos landras, senón tamén crocos de eucalipto, lentellas e piñas.


E a mami tamén fixo os seus experimentos hehehe. E agora estou tentada de mudar o meu landrú (o boneco do meu perfil) por este outro:
Quedei coas ganas de atopar landras de sobreira, que teñen un regustiño a castaña moi rico.
Tamén fixeron bonecos de neve:
As imaxes fanse un anaquiño máis grandes o clicar nelas.