24 de agosto de 2008

Perdón!

Teño activada a opción de moderar as mensaxes entre outras cousas porque si non non me entero cando hai un comentario novo, pero dame a min que ás veces en vez de darlle a "publicar" doulle a "recusar" porque logo non atopo a mensaxe en cuestión.
Quérovos pedir desculpas se lle borrei algún comentario a alguén, que saibadas que é todo culpa da miña torpeza non de censura blogueira.

Ups!

8 comentários:

  1. Meninheira, eu non teño posta a moderación de comentarios e cando me entra algún novo mándame unha mensaxe ó meu enderezo de correo igualmente. Agora non lembro como era a opción exactamente, pero mírocho se queres, para que non teñas ese problemiña.

    ResponderEliminar
  2. Pois iso, no partado da configuración do blogue, apartado comentarios, desactivas a opción de moderar os comentarios, pero mantés o enderezo de correo electrónico para que che mande os avisos cando haxa algún comentario novo.
    O bo que ten así é que te decatas se entra algún intruso e que nos podemos ir lendo uns a outros mentres imos comentando, pero vaia, a gusto da blogueira ;-)

    ResponderEliminar
  3. Gracias tartarouchiña!!

    A verdade é que gosto do da moderación porque así evito tamén que cheguen a escribir spammers pero é que unha é un pouco torpe me temo. :s

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén tiña ese medo e o que fixen foi meter o código ese das letras, de momento non me entrou ningún.
    Bueno, xa digo, a gusto da blogueira, eu so che conto o pouquiño que sei.

    ResponderEliminar
  5. boas eu deixeite un explicando o do bloglines pero agora non o vexo, espero que non o borraras pq era moi longooooo jejejeje

    bicos

    ResponderEliminar
  6. hahaha Belen, ese non o vin eh?

    O que creio que borrei porque non o atopo era un dunha rapaza que, se non me falla a memoria, chamábase Mar e perguntábame sobre traducir o blogue.

    ResponderEliminar
  7. non viches o comentario??? pois en serio que o deixei.

    Bueno ademais doutras cousas que non recordo comentabate que bloglines é un lector de blogs, e que é iso? Pois algo moi útil que revisa todos os blogs que sigo e me avisa cando hai unha nova entrada. Así podo ler todos os blogs nunha soa páxina. Se non fose por el, no faría outra cousa en todo o día je je

    bicosss

    ResponderEliminar
  8. Pois é un bo invento o fedello ese.

    E non, non o deixaches, só había a mensaxe esa de ¿Mar? que non sei se borrei.

    ResponderEliminar

Gracias por pasar por aquí y dejarme tus palabras :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails