Pois non é de prata, non, máis ben é unha agulla de plástico de aprendizaxe que podedes atopar en calqueira mercería.
Acho que esta é unha boa actividade pra facer cos miudos xa que é creativa e ó tempo tamén exercitan a motricidade fina. Pódeselle dar o lenzo baleiro ou cun debuxo pra que sigan as liñas.
O bastidor apenas ten unha cuarta e merqueino nun bazar chinés, a lá xa a tiña na casa e a tea tamén, seica lle chaman "tea panamá", vai tí a saber porque!
Das costureiras hai moitas coplas no noso cancioneiro popular, a maioría facendo gala desa retranca que nos caracteriza, eiquí vos deixo a cantiga á que fago referencia no título.
Costureiriña bonita
Dame unha agulla de prata
Para sacar esta espiña
Do corazón que me mata.
E non te quero téñoche dito
E non te quero teño falado.
E non te quero téñoche dito
E non te quero teño falado.
Pouco se me dá que rías
Pouco se me dá que chores
Non quero faguer contigo
O camiño dos amores
Se nalgún tempo soubera
O que me había de vir'e
Tivera conta contigo
E non me deixara ir'e