Pois véñennos propor outro proxecto en común, a Tartaroucha (mamá homeschooler) vennos propor o Proxecto un pequeno cambio, podedes ler no seu blogue (o explica tanto en galego como en castelán) en que se basea a súa proposta e unirvos :)
Nós hai tempo que vimos introducindo pequenas mudanzas na nosa vida co conto de coidar un pouquiño deste mundo noso, por exemplo hai anos que non usamos suavizante, o ano pasado puxemos lámpadas de baixo consumo en toda a casa, e tamén hai anos que non usamos panos de papel agás cando temos invitados na casa, e eu son desas que aínda ando con panos de tea aínda que tamén hai "Kleenex" pola casa e o papel usámolo polas dúas caras e tamén re-aproveito papeis cortándoos en anacos pequenos para facer "post-it"s caseiros :) e tamén vou andando a todas partes, nun dos meus derradeiros traballos ía andando case sempre e iso que me levaba media hora en chegar. As bolsas de plástico das tendas reutilizámolas en bolsas para o lixo e sempre levamos unha de tea plegadiña na mochila, tampouco pomos a calefacción a diario e sempre a apagamos para durmir. Tamén usamos o troco ou a compra de segunda man para reducir o consumo, evitamos os productos con exceso de empaquetado, e non temos cincocentos mil tipos de limpadores na casa.
E a tartaroucha anímanos a ir máis aló e a incluír máis mudanzas, pois a nosa vai ir encamiñada a criar unha pequena horta que nos permita reducir (e aforrar hehehe) e comer máis san e coidar a terra non botándolle porcalladas.
E vos? animádesvos a mudar un pouquiño este mes? :)