Unha preciosa ilustración que nos regala Ishtar Olivera.
Non sei cantas veces se teñen durmido así os meus bebiños, cantas sestas teño pasado así e cantas noites aínda paso así!! e é que non hai nada como o leitiño de mami e aínda engadiría máis: non hai nada no mundo como o peitiño da mami i é que xa o di un proverbio árabe!! "o paraíso está no colo dunha nai".
Se puidéramos gardar unha soa destas sestas que votamos no calorciño do peito da nosa nai e puidéramos recordala, sentila en calquera momento das nosas vidas o mundo sería un lugar máis amável, máis cheo de sorrisos e bos días.
Dálle o peito, dálle moito coliño, porque esa é a nosa única patria, a infancia! o coliño da nai.