Pois nós como non podía ser doutro xeito, tamén baleiramos a nosa cabaza para a noite dos calacús ou Samaín.
Primeiro fomos á procura da nosa cabaza que era un presente do Concello, pasamos pola praza maior e arrecendía coas flores que estaban a vender para ofrecerlle o día seguinte ós difuntos.
Despois de conseguir a cabaza marchamos a baleirala na casa e polo camiño uníronsenos uns amiguiños, así que pasamos unha boa tarde, puxen un hule no chan e ala que nos tiramos todos a meter as mans (sempre é máis divertido guarrearse). Tamén mercamos pipas de cabaza para comer e os pequenos disfrazáronse e bailaron e xogaron.