10 de outubro de 2008

Unha excentricidade de mimo!

Paideleo ven de pasarme un meme moi divertido que consiste en dicir que farías se foses millonario, pero non un calquera senón un millonario excéntrico. Así que a banda sonora do meme sería "Si yo fuera rico". Teño que confesar que me costou facelo porque teño alma de millonaria filántropa e a excentricidade debo tela moi agochada, pero rabuñando, rabuñando...
Aí vai o que me saíu!!

1. Mercaríame unha illa perdida no medio dun deses mares cálidos onde as augas son transparentes. E como estaría podre de diñeiro contrataría unha tropa que desfixera as tormentas e aquelas cousas que viñeran a amolarme o descanso.

2. Mercaría un camión tráiler para facer del un fogar para dar a volta ó mundo (cando estivera cansa de tanto viaxar iría darme un baño na miña illa) e estaría decorado ó xeito "Yellow submarine" :DDDDDD

3. Restauraría todos eses pequenos pobos da Galiza que están a morrer sen xente e encheríaos de vida!!

4. Mercaría o Amazonas, e tamén a Antártida, para conservalos por sempre xamais. E aproveitaría para ir visitar a eses pobos que viven case na idade de pedra.

5. Deixaríame de excentricidades e adicaríame a filantropía que é menos egoísta.

Gostaríame saber que excentricidades farían Janil, Airenita, e despois sigo que me reclaman :P


Continúo :D Olivia_P, Maxiavida, LM e a Nika