O molde desta semana baséase no conto
Pulgarcito de Charles Perrault, unha edición con pestanas de Edaf é que ten unhas ilustracións moi bonitas e que na casa gosta moito aínda que é debidamente censurado, xa sei que me ides dicer que lea o
Psicoanálisis de los cuentos de Hadas de Bruno Bettelheim pero a cruda realidade voulla contando aos poucos cando vexo que están preparados para ouvila e agora mesmo só teño censurado o final (Pulgarciño non traiciona á ogra despois de que ela lles axudara e perdera os seus fillos por culpa diso). Polo demais xa vos digo que esta edición en particular é moi bonita.
Para facer a lata xuntei alimentos pequenos, de xeito que Pulgarciño puidera levalos no peto e ilos soltando para facer o camiño de volta.

Tedes que desculpar a foto, estropeouseme a cámara e tívena que sacar co "mancontro".