"¿Qué ha significado en tu vida y en tu proceso de "homeschooling" el contacto con otras familias homeschoolers y las redes de apoyo, tanto virtuales como personales, de que disponemos? ¿Y para tus hijos?"
Os meus cativos nunca estiveron en ningunha institución educativa (sexa gardería ou escola) e realmente non podemos dicer que esteamos a facer homeschooling pois o maior ten 4 anos e polo tanto non está en "idade escolar". Chegamos a esta situación dun xeito natural e renovando ano tras ano o noso plantexamento, coma nunca ouvíramos falar doutra xente que pensara e mesmo actuara de xeito distinto á maioría neste aspecto, pois nos primeiros anos si se botou en falta a alguén "coma nós" mas basicamente para acompañar nos parques baleiros ós nosos xogos.
No segundo ano coñecimos nunha xornada de portas abertas na escola libre Pumariños a outra xente que tiña outro xeito de ver a aprendizaxe, e saber que existían outros coma nós foi todo un marabilloso descobrimento, por non falar da ledicia de estar con outros nenos que teñen esa outra linguaxe non baseada na violencia xeralizada, outros nenos que manteñen viva a inocencia da infancia durante máis tempo. Creio que foi nesa época cando coñecimos o movemento de escola na casa do que nunca ouvíramos falar e que tanto nos sorprendeu.
Pódese dicer que sempre estivemos sós neste camiño, e aínda que afortunadamente fomos atopando bastante comprensión no noso entorno sempre se bota en falta o contacto con outra xente en similares circunstancias, non só para que os adultos podamos partillar información, recursos, dúbidas, etc. senón tamén para que os nenos atopen outros iguais.
E agora, nesta altura é que se me ocorre facer un blogue e coa sorte do meu lado empezo a atopar outros blogues que falan na miña mesma "linguaxe" e é unha ledicia!! (por certo que aproveito para reclamarvos que enchades os "intereses" do voso perfil porque eu pasei moito tempo a buscaros porque non me podía resignar a que só os homeschoolers americanos fixeran blogues), poder partillar os nosos recursos, ver como fan outras familias, etc. é moi gratificante. Como tamén o foi poder POR FIN coñecer en persoa a outra familia que fai escola na casa hai uns días, familia coa que esperamos realizar actividades comúns.
Para os meus pequenos o non ir á escola é algo tan natural coma ir, cando lles dixen que eses nenos cos que pasaron a tarde tampouco ían a escola preguntaron por qué, e un simple "porque non queren ir, coma vos" bastoulles. Como xa dixen, a posibilidade de tomar as túas proprias decisións para eles é algo natural ó que non hai que darlle máis voltas.