1 de setembro de 2008

Proxecto semanal bucaneiro

Primeiro debuxeilles un mapa do tesouro que nos serviu para ver o que é a rosa dos ventos e a lenda dos mapas, despois entre todos escollemos os nomes dos lugares da illa e imprimimos varios para que cada un pintara o seu. Despois queimámoslle os bordes para darlle un aspecto máis antigo e a idea era "envellecelos" aínda máis tinguíndoos con café ou té e ó final non o fixemos. Ups!

A segunda proposta foi montar unha bandeira pirata que lles fixen a partir dun Mickey Mouse (ó final traballei eu máis do que eles hahaha).

E para rematar debuxamos no chan a nosa illa pirata, puxemos as bandeiras aos nosos botes e xogamos un anaquiño a ser bucaneiros á procura do tesouro, aínda que ó final remataran secuestrando princesas.