Primeiro debuxeilles un mapa do tesouro que nos serviu para ver o que é a rosa dos ventos e a lenda dos mapas, despois entre todos escollemos os nomes dos lugares da illa e imprimimos varios para que cada un pintara o seu. Despois queimámoslle os bordes para darlle un aspecto máis antigo e a idea era "envellecelos" aínda máis tinguíndoos con café ou té e ó final non o fixemos. Ups!

A segunda proposta foi montar unha bandeira pirata que lles fixen a partir dun Mickey Mouse (ó final traballei eu máis do que eles hahaha).
E para rematar debuxamos no chan a nosa illa pirata, puxemos as bandeiras aos nosos botes e xogamos un anaquiño a ser bucaneiros á procura do tesouro, aínda que ó final remataran secuestrando princesas.
Precioso todo.
ResponderSuprimirHoxe topei debuxos de Vicki o viquingo na tele de casualidade e o Leo flipou mirando os cascos con cornos. Teño un para o entruido e ás veces póñoo e o Leo hoxe enteirouse que había xente que os puña aparte de seu pai.
Si, Vicki o viquingo!! eu tamén o vin o outro día, cantos recordos verdade?
ResponderSuprimirPois lles houbera gostado o de "envellecer o mapa", boa idea! e o de pintalo no chán!! mágoa que non teñamos patio ou balcón "dabondo", jeje (por agora...)... e o da rosa dos ventos, xa nos conecta tamén co aire, no si... imos facer unha multidisciplina "docarallo" jajaja!!
ResponderSuprimirME ha gustado mucho tu proyecto
ResponderSuprimirbesos
mariajose
Marta lo de envellecelo fica pendente ;)
ResponderSuprimirMariajose esta semana no os animasteis?
Un besiño a las dos :)
¡Qué chulo el mapa! :)
ResponderSuprimirBesos.
nós tamén fixemos un proxecto, teño que facer post para mañá, ainda non sei se creo un blog específico para isto en galego, vexo o teu e encanta-me, traballo á tarde así que vou mal de tempo... conta conmigo para os proxectos
ResponderSuprimirPois que ben!! fan falla blogues en galego sobre crianza :)
ResponderSuprimirBenvida entón :D
ben o link é este http://landraserobots.blogspot.com/2008/09/proxecto-semanal-piratas.html
ResponderSuprimiraínda que non sei moi ben como fas, creio que vou ben atrasada e en principio apuntome ao de vermello, pero non sei se o terei a tempo, bcs
Pois a cousa vai así:
ResponderSuprimirO domingo "remata" o proxecto semanal (esta semana era vermello) e eu abro un post coas participacións do proxecto semanal da semana anterior (os piratas) no que digo cal é o tema desta semana.
Biquiños e gracias por participar :)
Muy bonito el proyecto, nosotros al estar fuera nos hemos despistado, y tengo algo por publicar del proyecto pirata, pero del vermello ni nos enteramos que se propuso... a ver si nos reenganchamos ahora con el del Arco Iris
ResponderSuprimirBesos
Pues ala, ala, que yo aún tengo que descargar las fotos del proyecto Rojo, ains, en blog de herrero... hehehe
ResponderSuprimir