A semana pasada fixemos uns debuxos ao abeiro do arco da vella mas esquecinme de metelos no proxecto. Estou certa que a maioría coñeceredes este xeito de facer debuxos, hai varios xeitos de facelos mas dende pequena sempre os levo feito con "ceras Dacs" que son unhas ceras moi brandiñas de uso escolar de toda a vida. Agora de vella vin que hai xente que o fai con témperas.
A cousa é ben doada, píntase unha folla con moitas cores (ou cunha soa) e despois cóbrese todo con cera negra. Para facer o debuxo non queda máis que pintar enriba cun obxecto bicudo que soe ser un escarvadentes.