15 de setembro de 2008

Formigaz

Atopei un vídeo vía toadhaven.com que quero partillar con vos pois é incrível o que fan istos pequenos insectos. A estrutura da colonia que ides ver abrangue 50 metros cadrados e na súa construción as formigas moveron unhas 40 toneladas de terra, case nada!!

Para estudala os científicos verqueron 10 toneladas de formigón líquido no seu interior e unha vez se houbo endurecido cavaron arredor da estrutura. Aínda que ver así a estrutura da cidade destas pobres formigas é un privilexio pois é realmente fermosa, non me parece moi heterodoxo destruir algo para poder estudalo.

Espero que desfrutedes vendo este pequeno documental tanto coma min (seguro que ós compañeiros de Orca-alce vailles gustar).

Déixovos unhas ligazóns:
- Máis sobre o estudo deste formigueiro no interesante blogue de Anfrix
- Foro dunha comunidade de afeccionados ás formigas: lamarabunta.org