Unha das culpaveis de que eu estea a escreber neste blogue, Janil-nilja, ven de facerme este mimiño en forma de Meme.

6 cousas das que gosto:
- Gosto inmenso de partillar o meu tempo coa miña familia.
- Góstame cheirar a cabeciña aos meus pequeniños
- Góstame dar colinhos e miminhos até a fartura.
- Derrétome co riso dos meus toliños.
- Son adicta ao chocolate negro e como empece unha caixa de donuts de chocolate poden caer 4 xuntos!
- Góstame o recendo da herba mollada e pisala descalza
6 cousas das que non gosto:
- Non me gosta en que se está a converter o mundo.
- Non me gosta que os nenos teñan que ir às garderías, é unha vergoña que no 2008 ainda non saibamos conciliar a familia co traballo e teñamos que conciliar o traballo coa familia.
- Non me gosta que se pegue aos nenos, un golpe sempre é a destempo!
- Non me gosta que non se respete aos nenos, non entendo porque se os adultos non nos estamos a chamar parvos porque caemos, porque non nos sae algo, porque... se lles trate así aos nenos.
- Non me gosta que nos digan que todos somos iguais, non señor! todos somos diferentes e temos que aprender a convivir coas diferencias.
- Non me gosta a xente que non sabe sorrir
E voulle facer un mimiño a:
* Xose, de Recursos educativos para mestres (Ed. infantil e primaria) que ven sendo o primeiro responsavel de que eu estea agora blogueando.
* Proida, dende a outra beira (a ver si volve que debe de estar de vacacións).
* L&M, do bló de L&M (que me vai dar unha receita de smoores, mmmmm).
* Tartaroucha, da familia dos Tartarouchos (que os mimos grávida ainda saben mellor).
* A Marta, de Cangrejos y ermitaños (que está a desfrutar na aldeia).
* Ó Pai de Leo, de leoeosseus (que me fai rir e sorpréndeme coas fotos do seu blogue)