--------- o ---------
"O idioma galego é un dos mais ricos en matices, como idioma antigo que difícilmente é igualado por algún outro dos existentes; como proba diso existen vocábulos que traspasaron todas as fronteiras idiomáticas, converténdose en palabras universais aínda que mantendo a súa grafía e intensidade expresiva orixinais e dando, ao tempo, orixe a moitas outras palabras daquelas derivadas, proba da súa forza expresiva.Como exemplo, á vez que como rendida e xusta homenaxe, podemos analizar un dos vocábulos mais asombrosamente usado, dende logo por moitos motivos, dentro e fóra da nosa nación: a palabra CARALLO.
- CARALLO pronunciado de xeito sinxelo, sen énfasis nin intención, significa membro viril, órgano xenital masculino.
- CARALLO! como exclamación, pode ser de asombro, de admiración ou de asentimiento.
- CARALLAZO: Contrariedade, golpe.
- CARALLADA: Troula.
- CARALLETE: Interxección.
- CARALLEAR: Andar de troula.
- CARALLÁN: Algareiro.
- CARALLUDO: Denota calidade.
- CARALLÓN: Denota cantidade ou lonxitude.
- ESCARALLADO: Roto, dislocado.
- ESCARALLADIÑO: Agotamento.
- ESCARALLACIÓN: Colmo.
- ESCARALLAR: Estropear e tamén equivale a morto de risa.
- ESCARALLANCIA: Punto de menopausia.
- Entón chegou o Pepiño, e un servidor díxolle: Carallo Pepiño, qué carallo fas eiquí?
- RESIGNACIÓN: Ai que carallo!
- INDIGNACIÓN: Que carallo!!
- CACHONDEO: Bo, carallo, bo!
- DESPLANTE: Vai ó carallo.
- INQUISITIVO: Que carallo é?
- CONTRARIEDADE: Tócache o carallo.
- CANSAZO: Deíxate de caralladas.
- OFENSA: Iste carallo é parvo.
- TEMPLANZA: Acóugache carallo!
- AMEAZA: Ven, carallo, ven.
- NEGACIÓN: Non, carallo, non.
- NEGACIÓN ROTUNDA: Nin carallo nin nada.
- XURAMENTO: Me cago non carallo!
- IRA: Me cago non carallo, carallo!!
- ALABANZA: É un home de carallo.
- DÚBIDA: Eu que carallo sei!! / O carallo vintenove.
- EXTRAÑEZA: Pero que carallo pasa?
- DESOBEDIENCIA, DESPREZO: Pásame por debaixo do carallo. / Impórtame un carallo
- ANIMOSO: Dalle, carallo, dalle.
- CAPRICHOSO: Saíume do carallo.
- CUALITATIVO: Non vale un carallo.
- VALORATIVO: Róncalle o carallo.
- FATALIDADE: Ten carallo a cousa!
- AGOTAMENTO: Xa estou ata o carallo.
- PICARDÍA: O caralliño.
- METEREOLOXÍA: Fai un tempo do carallo.
- LONXANÍA: No quinto carallo.
- Manda carallo na Habana!
E como fin de estudo, do campo do folklore, escollemos aquela copla, coa que se remata toda carallada:
Ai vai, ai vai,
ai vai, carallo, ai vai ...