Hoxe en dia os cumpreanos convertéronse nunha celebración desmedida do consumismo e aseméllanse máis a pequenas vodas que ás festas de cumpreanos da nosa infancia. Cando era nena o cumpreanos celebrábase na casa cun par de amiguiños, unha tarta, uns bocadillos e ala! a pasalo ben! :) Agora seica é "preciso" un "parque de bolas" ou similar, uns 30 ou 40 nenos, paquetes cheos de larpeiradas para cada un e agasallos dun mínimo de 15€ (e creo que estou sendo demasiado forrona)
Uns amigos contáronnos no inverno que tiñan polo menos un cumpreanos todas as semanas. Os nenos só ben agasallos enormes que chegan facilmente unha e outra vez sen ningún esforzo e creo que iso non é bo nin para o neno que está de cumpreanos nin para os outros, por iso na casa a celebración dun cumpreanos non se limita a ir á tenda a mercar "algo", senón que empeza coa realización da tarxeta de cumpreanos, que é feita polos meus pequenos con todo o seu cariño.

Aquí vos poño só tres exemplos para que vos fagades unha idea. Como vedes non é só un debuxo, senón unha mistura de técnicas e materiais varios, entre eles o noso benquerido cartón de caixa de cereais :)
E ademais das tarxetas (cada pequeno meu fai unha) acostumamos facer outro agasallo que case sempre é un libro ou algo feito na casa (un xoguete en feltro, un pendurico, unha camiseta bordada,...) .
E ademais das tarxetas (cada pequeno meu fai unha) acostumamos facer outro agasallo que case sempre é un libro ou algo feito na casa (un xoguete en feltro, un pendurico, unha camiseta bordada,...) .
E por último, a "guinda": Para envolver os agasallos prefiro o papel de estraza (ou papel de embalar) ao típico papel de agasallo, ademais agora hai papel de estraza (como se di en galego?) de moitas cores bonitas.