E xa aproveito e ensínovos o disfraz de fada das flores que fixen, a parte de diante e a de atrás. É ben doado de facer, un rectángulo cunha parte cortada en picos e a outra cunha goma arriba, como non podía ser doutro xeito leva axóuxeres pendurados dos picos e nos extremos desa especie de cola leva boliñas que tamén fan ruidiño ó chocar unhas coas outras.
Tanto pode ser usado a modo de vestidiño por embaixo dos brazos ou como saia.
E non podían faltas as orellas(foto da esquerda), típico doce de entroido, as filloas e as chulas de cabaza (foto da dereita).
(premendo enriba vense un chisco máis grandes)