25 de julho de 2008

DVD - Os osos amorosos

Atopar video pra nenos en galego é case misión imposivel, espero irvos facendo unha pequena lista por se gostades de facerlles aos pequenos (ou mesmo ós grandes) unha pequena videoteca en galego. Prégovos que non pirateedes estos DVDs, compre xerar demanda pra que se fagan ou traduzan máis películas ó galego.

Os osos amorosos no país das marabillas

No País das marabillas un bruxo malvado quere converterse no rei pra dominar o país e obrigar a todo o mundo a facer o que el queira. O único xeito de evitalo é atopar a unha nena que sustitúa á princesa que anda desaparecida e eiquí e onde entran os Osos Amorosos, que atopan a unha nena que se chama Alicia que está disposta a axudalos no que faga falla.

Ademáis de en galego está dispoñivel tamén en catalán, éuscaro, castelán e portugués, tamén nos menús.

Trae varios extras: pinta e da cor, tres quebracabezas, karaoke e trivial con preguntas da aventura que ven no DVD.