16 de dezembro de 2009

Handmade Christmas III

Compártovos en forma de titorial paso a paso a grilanda que veño de rematar istos días. Deume traballiño mas ficou fermosa e estou moi contenta, agardo que vos guste tanto como a min.

Aínda que nun primeiro momento pensei en facela de cores e mesmo cortei e cosín varias bandeirolas, finalmente non me agradaba o resultado e comecei de cero decantándome polas cores do Nadal por excelencia: branco, vermello e verde

tutorial grilanda 14Alinhar ao centro

Materiais necesarios: Feltro, unha fita bonita, enfeites de pompóns, abelorios de distintas formas, botóns, fío e cola para tecidos.
(Tanto os abelorios, como os botóns, como os fíos son do bazar chinés)

Empreguei como motivo istos anxos trompetistas que me deu a miña nai e que non recorda de onde os sacou, mas supoño que nas tendas de decoración non han ser difíciles de atopar motivos semellantes ou en todo caso sempre podedes facer o voso propio :)

O primeiro paso e recortar o modelo (fíxeno cun rectángulo e un círculo) e colar o anxo.
tutorial grilanda 1 tutorial grilanda 2

Despois cosinlle a flor no círculo, que por certo foi a primeira vez que empreguei este tipo de bordado e de seguido cosinlle os abelorios pequenos a modo de pompas.
tutorial grilanda 3

Engadinlle outro abelorio no centro da flor, este branco mate en contraposicións dos verdes semitransparentes de arriba.
tutorial grilanda 4

Cosín as dúas partes da bandeirola
tutorial grilanda 5

E coleille a fita de pompóns (encántame o toque que lle dan istos pomponciños ás cousas).
tutorial grilanda 6

E dispuxen a fita de tal xeito que fun colocando as bandeirolas na súa posición definitiva axudándome dun alfinete.
tutorial grilanda 7

As bandeirolas van suxeitas por diante con cola de tecido
tutorial grilanda 8

E por detrás tamén, aínda que como non me fiaba dinlle unhas puntadiñas :D
tutorial grilanda 9
tutorial grilanda 10

Xa para rematar engadinlle nos extremos uns abelorios metálicos cun debuxo a modo de estrelas
tutorial grilanda 11

Cosinlle os enganches dos extremos (de venta en calquera mercería, non vaiades á ferretería como fixen eu).
tutorial grilanda 12

E engadinlle uns botóns brancos entre as bandeirolas, aínda que no medio cosinlle un botón branco máis pequeno sobre outro vermello.
tutorial grilanda 13


Agardo que gozarades co titorial e que vos animedes a facer a vosa propia grilanda de Nadal.

Boas Festas a todos e gracias por estar aí.
tutorial grilanda 15




DIY Day @ ASPTL

BCD Show and tell

14 de dezembro de 2009

Las imágenes del blog

Pues aquí estoy otra vez con una consulta de una mamá :) que esta vez se refiere al maravilloso mundo de las imágenes en el blog, como mi blog está en Blogger me refiero a las opciones que tiene este servicio, puesto que desconozco las de otros.


Subir imágenes a través de blogger
Por lo que tengo observado la mayoría de vosotras sube las imágenes al blog a través del blogger y debéis tener en cuenta que esta opción tiene un límite, por lo que si quereis seguir utilizándola quizás sería interesante que empezarais a redimensionar vuestras imágenes antes de subirlas al blog para que así pesen menos y podais alargar temporalmente el uso de esta opción.

Otra opción es utilizar servicios de hosting de imágenes externos, es decir, alojar las imágenes en otro sitio y "llamarlas" desde el blog, los que yo utilizo son dos:


1. Subir imágenes a través de Photobucket

Photobucket es un servicio de alojamiento fotográfico gratuíto y fácil de usar, que permite clasificar las imágenes en carpetas dentro de tu cuenta, aunque también tiene límite de espacio en la opción gratuíta.



2. Subir imágenes a través de Flickr

flickr es también un servicio de alojamiento fotográfico y de vídeo (estoy pensando que no sé si photobucket permite alojar videos) gratuíto e ilimitado (ojo! con unas condiciones!que no creo que duren eternamente).

Me encanta flickr, no sólo permite alojar y clasificar las imágenes si no que hoy por hoy se ha convertido en una herramienta imprescindíble a la hora de compartir, darse a conocer, etc. diría que incluso se puede decir que es una red social pues no sólo compartes tus imágenes si no que puedes dejar comentarios en las imágenes de los otros miembros, estableciéndose a veces una pequeña conversación. Hoy en día si quieres ser alguien en la comunidad virtual, has de tener flickr :)

Con flickr puedes subir tus imágenes o vídeos pero también puedes convertirlos a través de sus páginas en libros, posters, etc. Puedes agrupar las fotografías por grupos y puedes también meterlas en los grupos creados por otras personas.

Ahora mismo es común que un bloguero cree su propio grupo o flickr pool para que el resto de los miembros de flickr vinculen a su grupo las fotografías de las cosas que han creado con las plantillas que proporciona esa persona, o con la inspiración sacada de su libro, etc. Muchos blogs se llenan de contenido gracias a flickr y se dan a conocer gracias a él también. ¿Os he dicho ya que ser miembro de flickr es importante? ;)

Si quereis echarle un ojo a mi galería flickr, no teneis más que clicar AQUÍ


*** * ***

Editar imágenes con picnik

Por último, como os hablaba de redimensionar imágenes y sin meternos en camisas de once varas, que ya sé que hay quien apenas puede manejarse, os hablaré de un programita online de edición de imágenes que suelo presentar a mis alumnos por su uso intuitivo, su gratuidad (salvo algunas opciones) y porque es muy divertido qué caramba! :)



Con picnik podeis editar vuestras imágenes redimensionándolas (ojo, guardarlas con otro nombre para no perder el original) y añadiéndoles efectos variados y muy divertidos, no dejeis de echarle un ojo ;)


Pues nada más, creo que ya no tengo más consultas pendientes :) espero que os sea de utilidad.

No parque de atraccións

Hai uns días estivemos no parque de atraccións :)


Cando chegamos aínda non había moita xente nos "cacharritos"
Na feira

E puidemos montar nos coches de choque...
Na feira

Comer algodón de azucre...
Na feira

E montar na noria, aínda que tivemos que agardar un pouco porque había unha boa rea de xente
Na feira

E tamén houbo quen saíu voando pola cantidade de globos que tiña mercado
Na feira

E que malia aos esforzos da xente, non quería baixar
Na feira



Que sorte temos de revivir a nosa nenez cos nosos pequenos!

13 de dezembro de 2009

Regalos para el alma II

Hoy quería compartir con vosotros el precioso regalo que me hizo Zaït.

*** * *** * *** * *** * *** * *** * *** * *** * *** * ***

Da dor á paz

Ás veces
a vida doe,
e caen bágoas
que fan choiva
que fan torrentes
que fan ríos
que fan mares
que fan océanos.

Ás veces
a vida doe,
como tamén un parto,
pero nai e fillo sorrín,
pero nai e fillo rin,
pero nai e fillo alédanse,
pero nai e fillo comprácense,
pero nai e fillo reviven.

Non temades á dor,
que é o pregoeiro
da felicidade de mañá.
Igual que co parto,
toda dor dá paso
a un momento de paz.

Zaït, 7 de decembro de 2009
A unha amiga que non quere chorar.

12 de dezembro de 2009

Handmade Gifts II

Hoxe quérovos dar outra idea de agasallos feitos a man como xa fixera no Handmade Gifts I, que non se diga que a crise afecta aos Reis Magos ;)

Istos bloques fixéronse cunha peza longa de madeira mercada nunha tenda de bricolaxe, despois foi cortada en 5 anacos do mesmo tamaño e o restante ficou un pouco máis pequeno. Despois en vez de botarlle verniz, tinguimos a madeira. Et voilà!

Handmade wood blocks

Algo tan sinxelo mas non vos podedes imaxinar o éxito que ten na casa. Temos outro brinquedo de construción (en plástico de cores) e este lévase a palma en canto a uso imaxinativo. O tamaño, a cor natural, o material,... fan que as posibilidades sexan infinitas pois non interfire na imaxinación dos cativos, un brinquedo económico e versátil. Sen dúbida algo para facer e regalar.


Destreza motriz: amoreando tanto horizontal como verticalmente (esta opción máis complicada mas gosta moito aos pequenos porque fica do seu tamaño ou máis alto).
Photobucket

Ou combinando as dúas opcións: parece mentira tan poucas pezas e as posibilidades que garda.
Photobucket


Deixando voar a imaxinación:

Photobucket
Facendo casiñas de fadas e osos (vedes as ceras? outra cousa con varias utilidades)


Photobucket
Pontes, ...


Photobucket
E xogos de equilibrio ou como neste caso, xogando a que están patinando no xeo.

Chegou o Nadal

Pois xa temos montada a nosa árbore! :)

Seguindo a tradición familiar, aproveitamos a ponte da Constitución para enfeitar a casa cos adornos de Nadal e aquí está o resultado, a punto para o proxecto "semanal" adicado a estas datas.

Como vedes, somos minimalistas :DDDDD
TEMA: Nadal
A árbore ten unha grilanda "tradicional" en vermello e esa outra que vedes branca como facendo folerpas en realidade é unha madeixa de la do bazar chinés, encántame!



TEMA: Nadal
A meirande parte dos enfeites son feitos a man, o ananiño verde fíxoo a miña nai.



TEMA: Nadal
Aínda que tamén hai unha chea de bonequiños de toda índole.



TEMA: Nadal
E xa vedes que en troques de bolas, temos pompóns.


TEMA: Nadal
Unha mistura de la, feltro, madeira, arxila,... :)
Esa preciosa madalena é de Crocheted Little Things, da que xa vos falara aquí.

11 de dezembro de 2009

Labeldaddy

Hace unas semanas se pusieron en contacto conmigo desde Labeldaddy ofreciéndome probar su producto para dároslo a conocer. Así que me fuí a su web, escogí el diseño, colores, etc. que quería que llevaran mis etiquetas y le dí a enviar.
Tardaron apenas unas dos semanas en llegar (y eso que cruzan el charco).

Photobucket

Escogimos un diseño floreado y en vez de un nombre pusimos una palabra cariñosa gallega para designar a los niños, porque podeis escoger la secuencia de letras que querais y como podeis ver en su web también hay infinidad de diseños, colores y tipos de letra a elegir (lo cual nos hizo estar un buen rato porque no nos poníamos de acuerdo hehehe).

Y una vez que llegaron nos entró la furia etiquetadora, son tan monas!!

Colocarlas es supersencillo, las despegas del papel, las pones sobre lo que quieras etiquetar, aprietas unos segundos con los dedos y ala! ya está!

Se pegan en multitud de superficies y si las usais sobre plásticos de uso alimentario pueden meterse en el microondas y en el lavavajillas que por lo visto siguen intactas, increíble ¿verdad?

Y ahora no hay riesgo con los chandals en la clase de taekwondo...
Photobucket
(Por cierto que ya han pasado por la lavadora y las etiquetas ¡¡están intactas!!
por lo visto también pueden ir a la secadora, pero de eso no tengo)

Ni con los juguetes en el parque
Photobucket
(Lo que se ve es este coche)

Todo está claramente identificado. Y no sólo podeis encargar etiquetas para los textiles ya que tienen un montón de etiquetas variadas, las que más me llamó la atención fueron las etiquetas grandes para identificar claramente las alergias alimentarias de los niños y que no tengan problemas, las etiquetas para ir a las colonias (chulísimas) y el que yo creo que es su producto estrella, por novedoso, por versátil, ... vamos, que me encantaron sus chapitas para colgar de la cremallera. Fijaos qué monadas!! (como con las etiquetas, hay varios colores, diseños y tipos de letra y también la posibilidad de escoger la palabra que queramos).


(Fotografía retirada de la web de Labeldaddy)

Me parecen preciosas estas chapas y superoriginales, además de que se pueden intercambiar en la ropa y seguir utilizando a medida que el niño (o la mamá, jo, yo quiero una!!) crezcan (bueno, yo ya lo de crecer...). Un regalo original ¿verdad?


Pues aprovechad porque
Labeldaddy hace un descuento del 10% a todos mis lectores
(¡sean del país que sean!)
Sólo teneis que usar el código COLINHO


10 de dezembro de 2009

Nenos que aínda non len

  • Unha mesma proposta: Por que comeza...?
  • Dúas solucións:
Primeira:
Photobucket
Oso, Can, Ovella, Elefante, Millo, Serpe, Ovo, León, Minie, Xirafa, Pitufo

Segunda
Photobucket
O
so, Can, Ovella, Elefante, Millo, Serpe, Ovo, León, Minie, Girafa, Pitufo



As cousas non comezan por unha letra, comezan por un son e na casa nunca nos deu por ensinar os sons das letras.
E desde fai meses escoitase a cada rato a sorpresa que supón atopar unha palabra que soa "igual" ca outra:
  • "PA-PA-A", como "PA-PA-I-TO"
  • "VA-SO" como "BA-LE-A"

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails