Unha veciña estivo de cumpreanos. 73 anos xa viu pasar! e nós fixémoslle un cariño.
7 de novembro de 2009
6 de novembro de 2009
Clases de ciencias: Astronomía
Tivemos a sorte de que nos deixaran un telescopio e como agora ás 18:00 comeza a escurecer, pois fixemos cos pequenos unha sesión astronómica despois de cear.
Ben abrigadiños, que xa vai frío polas noites

"Alaaaaaaaaa, que grande é a Lúa!"
Non sei quen a gozou máis, se os cativos ou o pai XD
Ben abrigadiños, que xa vai frío polas noites

Lembrádesvos desas bandeirolas? pintámolas para un dos primeiros proxectos semanais e ficou gardada. No verán sacámola e enfeitounos o xardín de diante todos istos meses, aturou algunha choiva impasível, mais xa non queda nadiña dela, a auga foi lambéndolle as cores e desfacéndoa ós poucos.
"Alaaaaaaaaa, que grande é a Lúa!"
Non sei quen a gozou máis, se os cativos ou o pai XD
5 de novembro de 2009
Primeiro contacto coas minúsculas
Na casa empezamos a coñecer as letras empezando coas maiúsculas, que aprenderon sempre sós grazas a este fantástico brinquedo que vos recomendo encarecidamente: Mis letras interactivas
, de Leapfrog. Recordo a cara de sorpresa dunha mestra de "extraescolares" cando descubriu que con 3 anos coñecía o abecedario (e escribía o seu proprio nome).
*** * ***
Hai uns días decidín facer a presentación oficial das minúsculas e axudáronme as letras-imán, outro recurso educativo moi bo que non debería faltar na casa.Na alfombra repousaban as minúsculas e eu ía pasándolle unha maiúscula preguntando, "cal é o bebito desta letra?", porque xa sabedes que as maiúsculas son os pais e as minúsculas os fillos verdade? ;)
E con verdadeira ledicia foron emparellándose sen erros e ficou feliz e eu máis :P
3 de novembro de 2009
Participantes do proxecto quincenal: Samain - Halloween
Cuatro en la cama

Dálle un coliño

La mamá gallina y sus cuatro pollitos

La mejor mami e aquí máis

María José

monimenuts

Orca: Observar, recordar, crecer y aprender

Pés na relva (Ana - pequete)

Palabra clave desta quincena: CABALO (caballo)Dálle un coliño

La mamá gallina y sus cuatro pollitos
La mejor mami e aquí máis

María José
monimenuts

Orca: Observar, recordar, crecer y aprender

Pés na relva (Ana - pequete)

Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto CABALO nesta mensaxe.
---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)
Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)
---------------
1 de novembro de 2009
Proxecto semanal (trimestral): Samain - Halloween
A semana pasada, aproveitando este outono primaveral estivemos a xogar no río (vaaale, apenas é un regatiño) e voltamos poñernos de lama até o píloro! (como mostra un pedaciño de manga que se ve máis abaixo) e despois de arrancalos da auga estivemos a pintar fora ó solciño.O noso lenzo foi unha caixa grande e estivemos un bo rato pintando de todo (si, eu tamén :D) , estábase tan ben!Dos pinceis saíron cousas terroríficas e outras non tanto, por pintar até pintaron un corazón para San Valentín!
Aquí tedes unha pequena mostra:
Chulas de cabaza:
Cócese a cabaza (non sei a cantidade exacta porque o fago a ollo, como dúas patacas grandes) en auga con sal, cando estea cocida bótase nun coador e deixase para que vaia soltando a auga que lle quede, eu aproveito e vou premendo cun garfo.
Nun recipiente fondo botamos a cabaza, 3 ovos, 2 vasos de azucre, 2 vasos de fariña, misturamos ben misturado e imos engadindo máis fariña (se o precisa) até que quede cunha consistencia espesa.
Para rematar, nunha tixola con aceite ben quente imos botando o líquido a culleradas.
Aquí tedes unha pequena mostra:
Un morcego
que pillou o virus da varicela (xa sabedes que virus e xermes están de moda na casa). Non se lle ve a boca, é tan bonita! un sorriso tenro con pequenos cairos :)
e unha momia
Despois recorteillos con cuter (para este cartón non serven tesoiras) e enfeitamos a pereira, non vos parece que quedou un xardín terrorífico? aínda que a min esa pantasma prodúceme tanta tenrura! e as cabazas teñen un debuxo (que non se aprecia) que conta unha historia, preciosas!!
Tamén enfeitamos a casa: un rinconciño que xa vos ensinara e que agora engadiu a cabaza que está máis abaixo, o interior da porta da entrada cun morcego que fixen eu (non vale rirse Laura!! XD) e a cabaza de feltro que estivo aí un día antes de formar parte da coroa de outono.
E fixeron este precioso pendurico. Cartolina laranxa e negra, la e unha conta de madeira.
A primavera, errrr quería dicer o outono primaveral, xa chega ó seu fin e comezou a chover, polo que tivemos que gardar os enfeites na casa.
Xa vos dixen que adoro esta pantasma? :)
Pera malvada:
A primavera, errrr quería dicer o outono primaveral, xa chega ó seu fin e comezou a chover, polo que tivemos que gardar os enfeites na casa.
Xa vos dixen que adoro esta pantasma? :)
Como vedes, temos tendal novo.
E para rematar baleiramos unha cabaza (que perdeu un dente dous horas despois) e fixemos chulas, postre galego típico destas datas, co que lle sacamos. Déixovos a receita e xa me contaredes se vos empachastes ou non porque están tan ricas que é empezar e non parar :)
Chulas de cabaza:
Cócese a cabaza (non sei a cantidade exacta porque o fago a ollo, como dúas patacas grandes) en auga con sal, cando estea cocida bótase nun coador e deixase para que vaia soltando a auga que lle quede, eu aproveito e vou premendo cun garfo.
Nun recipiente fondo botamos a cabaza, 3 ovos, 2 vasos de azucre, 2 vasos de fariña, misturamos ben misturado e imos engadindo máis fariña (se o precisa) até que quede cunha consistencia espesa.
Para rematar, nunha tixola con aceite ben quente imos botando o líquido a culleradas.
31 de outubro de 2009
As citas do mes de outubro do 2009
"Solemos permanecer atrincherados en nuestras lógicas y nuestras opiniones tratando de tener razón, pero alejados de la realidad emocional y las necesidades auténticas de nuestros hijos".
(Laura Gutman)
"Ter fillos non o converte a un en pai, do mesmo xeito que ter un piano non o volve pianista"
Michael Levine
(Laura Gutman)
"Ter fillos non o converte a un en pai, do mesmo xeito que ter un piano non o volve pianista"
Michael Levine
30 de outubro de 2009
Almacenar e reciclar
Confeso que me custa desprenderme das cousas que significan ou significaron algo para min ou para alguén querido e con este panorama de síndrome de Dióxenes incipiente xa vos imaxinaredes, igual podo ter gardados os meus primeiros dentes que unha cinta métrica de costureira da miña avoa. O meu compañeiro mírame con ese sorriso tenro de "estás tola mas encántame a túa tolemia" i é que entre os meus tesouros tamén teño as notas que me mandaba ás agachadas do profe, ou os billetes de barco da nosa primeira viaxe xuntos,... en fin, quen precisa dunha caixa de tesouros pudendo converter a túa casa nun gran cofre? ;)
Con esta teima de ghardalo todo é que xorde a necesidade de criar espazos de almacenamento e como ademais unha gosta de reciclar, pois os contedores son do mais variado e estrambótico, tamén gosto moito das cestas e tamén "abusamos" do seu uso, hainas tan bonitas!

Hoxe gustaríame de ensinarvos un par de exemplos de almacenaxe reciclante, que non replicante mas... quen sabe? hahahaha
Os botes dunha coñecida marca de cafés empregámolo para case todo, mesmo gardamos as provisións na cociña, cuchas no baño, material artístico, etc. O café está bo e aínda por riba despois podes empregar o bote... que máis podes pedir? :)

(a nosa colección de tesoiras xa é unha vella coñecida vosa)
E coas caixiñas dunhas riquísimas galletas de chocolate acontece o mesmo e ademais son moi decorativas, non vos parece?

E coma xa me coñecen, pois ofrécenme cousas :)
Estas caixas ofreceumas unha coñecida que é quiosqueira, creo que son de gominolas e ademais de funcionar como gabetas, encaixan unhas sobre as outras polo que son fantásticas para almacenar. Estou a ver se consigo máis para empregalas para as educaixas.

28 de outubro de 2009
Anatomía
Xa hai tempo que dimos por rematado o proxecto adicado á anatomía, mas o lapbook segue a medio facer, derrotado por un novo proxecto adicado aos insectos que deixou no painel cheio de arañas, bolboretas, avellas, vacalouras, cascudas (erggg!), xoaniñas, etc.
E así anda o coitado, semi espido :)- O brazo ven dos downloads de proba dos lapbook de Hands of a child: Human body e máis outro que o ten, Creation Anatomy.
- O libriño sobre a xestación fíxeno coas imaxes do Diccionario por imágenes del cuerpo humano
- A boca está editada para porlle os nomes en galego e é de Kids dental, onde podedes atopar máis recursos sobre o tema.
- O resto é de fabricación propria :)
Subscrever:
Mensagens (Atom)