19 de outubro de 2009

E así andamos na Galiza

Pedindo respecto.
Este domingo houbo unha manifestación en Santiago, apoiada entre outros por PSdeG, BNG, EU-IU, Partido Galeguista, FPG, NÓS-UP, CIG, CCOO, UXT, SLG, STEG, TeGa, as plataformas Galego, patrimonio da humanidade, Galego Sempre Mais, ProLingua, A mesa pola normalización linguística, etc.

Segundo La Voz de Galicia, "Fuentes de la Policía Local compostelana cifraron en más de 50.000 los asistentes a la concentración". Os que menten e sementan xenreira tamén se manifestaron hai tempo, menos mal que son poucos!.

Tamén podedes ler a noticia en leoeosseus, en cousas pequenas, en aopedofarelo, na Voz, en Vieiros,... Eu deixovos coas palabras de Celso Emilio Ferreiro que é o meu poeta, pois a súa poesía éncheme como non o fai outra. É incrível que foran escritas aló polos anos 60 e aínda teñan tanta validez. Podédela ler en castelán aquí

Deitado frente ó mar
"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bós que sofren longo
unha historia contada en outra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño..."

    16 de outubro de 2009

    Xuntanza na Galiza para persoas interesadas no EenF

    Deixo constancia no blogue deste encontro que se produce na Galiza.
    Máis información (en castelán) e reservas na web de La casa del alba.

    *** * *** **** * *** * *** **** * *** * *** **** * ***

    Data: 31 de Outubro e 1 de Novembro do 2009

    O sábado haberá unha mesa redonda na que se falará do Ensino en familia. Os ponentes serán Marta (vicepresidenta da Asociación para la Libre Educación) e Malvina Sellanes (vogal de la Asociación para la Libre Educación).

    Lugar:
    La casa del Alba, Antas de Ulla (Lugo)

    14 de outubro de 2009

    LATÍN PARA NIÑOS (y no tan niños)

    Hace tiempo leí a Paloma y a Emmanuel hablar sobre la dificultad de encontrar recursos en latín para niños, sean estos libros u otra cosa y me acordé de un libro que leí cuando estaba en el instituto en el que aparecían algunas palabras o frases (realmente no lo recuerdo) en latín y me había encantado! ¡aquellas palabras que nos hacían memorizar resulta que servían para comunicarse! :DDDD

    El libro forma parte de una trilogía de John Crristopher y se titula "Tierra a la vista", trata de unos chavalillos que se transportan física y temporalmente. No sé si será apropiado para niños muy pequeños pues hace más de 20 años que lo leí pero me había gustado mucho por el detalle del latín.

    Y también tenía pendiente pasarles las cosas con las que me me voy encontrando en mis búsquedas de material para hacer con los míos y como les he leído comentar sobre esta escasez de recursos para aprender-enseñar latín a niños, pues los he ido guardando para dárselos. Espero que os sirva :)
    ··············································

    Minimus es un curso de latín para niños de entre 7 y 10 años, está publicado por la Cambridge University Press ¡y hasta tiene una sección para homeschoolers! Aunque no estudieis latín, merece la pena ir a verlo.

    Os dejo los links a los libros:


    ··············································
    • Classical Academic Press, que produce materiales para el estudio de lenguas como el latín y el griego entre otras cosas, eso que se ha dado en llamar "educación clásica" ;)
    • Más latín para niños aquí.
    Y unos juegos para imprimir:
    • "Chariots at the Circus". Un juego de mesa para aprender 85 palabras en latín. Está basado en las carreras de cuádrigas y las fichas son carros pequeños

    Por cierto, acabo de hacer la prueba y si poneis en google "latin language games" os aparecen un montón de recursos, así que si seguís la búsqueda usando otras palabras, igual encontrais infinidad de cosas :)
    EDITO: Greisi añade: El blog de latin





    13 de outubro de 2009

    O tempo en outono

    Este outono está protagonizado polo tempo, o atmosférico porque está tolo e pensa que estamos no verán e o outro porque non sei onde vai parar.

    Ando a dar clases "por dentro e por fora" :) e a preparalas para os de dentro e para os de fora e a roubarlle tempo ao sono, coitado de Morfeo que xa non ven a pasear polo meu xardín! E a pesar de todo aínda ha tempo para postear un bocadiño mais non preguntedes de onde sae porque nin eu mesma o sei. Ando un pouco cansa, de corpo e de mente, mas a pesar de todo aínda teño gañas de brincar (ojo las castellanas, brincar es jugar!), porque aínda non perdín o pracer de imaxinar mundos fantásticos e de gozar cos brinquedos. E se sodes coma min, ides gozar con istos que aquí vos mostro e se xa non sodes un dos nenos perdidos sempre podedes empregar a "escusa" de que son educativos ;)

    Este fantástico foguete de madeira atopeino hai días e fiquei namorada, trae de todo para imaxinarmos a viver unha aventura espacial

    E o Set de comboios para o Alexandre ;)

    E que me dicides desta fantástica disección? Eu a quero!



    Tamén vos quero contar que hai dous novos blogues de rapaces que non van á escola:
    E quero dar as gracias polo premio tan doce que me deu Laura de Pinta con tintas e tamén polo premio que me deu Mireia de Por un parto respetado, meto os dous no meu chineiro, que bonitiños que son! :)




    E hoxe tamén ando por Primaria: aprender es fácil, e falando tamén do tempo

    Matemáticas outonais II

    Outra idea para facer matemáticas manipulativas cos pequenos aproveitando o que nos regala a natureza istos días. Como é para pre-lectores dinlle unha imaxe visual ó texto.



    Deixovos o arquivo e agardo que a alguén lle sexa de axuda, hai tan pouquiño material nas nosas linguas que me comprace facer algo por remedialo, unha vez máis quero darlle as grazas ás miñas tradutoras, que desta volta foron Madalen e máis a Africa :)

    7 de outubro de 2009

    Participantes do proxecto "semanal": Outono

    Palabra clave desta quincena: PEGADAS (huellas)
    Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto PEGADAS nesta mensaxe.


    ---------------
    Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
    Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

    Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
    Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)
    ---------------

    Proxecto semanal do outono

    Isto dos quince días de proxecto dá para facer un montón de cousas e ademais tamén imos máis relaxados verdade?

    Vaaaaaaaaaaale confeso que dende que empecei a traballar isto é un falar, pois se xa ía mal de tempo para preparar as clases dos meus pequenos, xa vos podedes imaxinar agora que teño que preparar máis dunha aula, ains! e por iso o blogue está xa a botar teas de arañas e eu estou a piques de morrer no intento hahahaha, ben, deixome de mixericadas e vou o que vou ;)

    Antes de comezar co proxecto é indispensável ir procurar ós tesouros e aló fomos coa avoa e máis unha amiga dela a apañar de todo! voltamos até coas camisetas dobradas facendo saquiño porque xa non cabía todo na bolsa.


    Tamén fixemos unha coroa de outono, por suposto con caixas de cereais, e empregamos estas imaxes sobre o outono (recoméndovos esta páxina, pois ten unha infinidade de imprimíveis).

    Eles pintaron e eu, que a gozo tanto coma eles, recortei :)

    Tamén fixemos un pequeno libriño sobre o outono (é unha imaxe animada, así que agardade a velo enteiro).

    Dentro pon:
    • No outono empeza a facer máis frío e hai que abrigarse
    • Os froitos do outono
    • Saen os cogumelos e as árbores dan landras
    • Os esquíos apañan landras, castañas, etc. para poder comer no inverno
    • Algúns paxaros emigran a outros sitios máis calurosos
    • Os osos prepáranse para hibernar no inverno
    • No outono celébrase Halloween ou Samain e baleiramos cabazas
    E tivemos a sorte de estar na cidade o mesmo día que os paxaros (creio que eran estorniños) xuntábanse para marchar xuntos cara lugares máis cálidos, estiveron uns minutos e marcharon. "Vanse para África mamá!"


    E xa para... rematar? :) fixemos seres de follas e até unha "mánica" (máquina), despois xa na computadora lles engadiron ollos e demáis enfeites. Aquí vos deixo unha mostra e no flickr! podedes ver quen é cada un






    Tamén participamos con este post no:



    2 de outubro de 2009

    Matemáticas outonais

    Seguimos enchoupados de outono, tanto que desta vez chegou ás matemáticas :)

    Aquí vos deixo unha idea natural e barata para facer matemáticas manipulativas con números de imán e castañas de indias.






    Nota curiosa: Na Galiza, levar unha castaña de indias no peto protexe contra as bruxas.

    LinkWithin

    Related Posts with Thumbnails