7 de outubro de 2009

Participantes do proxecto "semanal": Outono

Palabra clave desta quincena: PEGADAS (huellas)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto PEGADAS nesta mensaxe.


---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)
---------------

Proxecto semanal do outono

Isto dos quince días de proxecto dá para facer un montón de cousas e ademais tamén imos máis relaxados verdade?

Vaaaaaaaaaaale confeso que dende que empecei a traballar isto é un falar, pois se xa ía mal de tempo para preparar as clases dos meus pequenos, xa vos podedes imaxinar agora que teño que preparar máis dunha aula, ains! e por iso o blogue está xa a botar teas de arañas e eu estou a piques de morrer no intento hahahaha, ben, deixome de mixericadas e vou o que vou ;)

Antes de comezar co proxecto é indispensável ir procurar ós tesouros e aló fomos coa avoa e máis unha amiga dela a apañar de todo! voltamos até coas camisetas dobradas facendo saquiño porque xa non cabía todo na bolsa.


Tamén fixemos unha coroa de outono, por suposto con caixas de cereais, e empregamos estas imaxes sobre o outono (recoméndovos esta páxina, pois ten unha infinidade de imprimíveis).

Eles pintaron e eu, que a gozo tanto coma eles, recortei :)

Tamén fixemos un pequeno libriño sobre o outono (é unha imaxe animada, así que agardade a velo enteiro).

Dentro pon:
  • No outono empeza a facer máis frío e hai que abrigarse
  • Os froitos do outono
  • Saen os cogumelos e as árbores dan landras
  • Os esquíos apañan landras, castañas, etc. para poder comer no inverno
  • Algúns paxaros emigran a outros sitios máis calurosos
  • Os osos prepáranse para hibernar no inverno
  • No outono celébrase Halloween ou Samain e baleiramos cabazas
E tivemos a sorte de estar na cidade o mesmo día que os paxaros (creio que eran estorniños) xuntábanse para marchar xuntos cara lugares máis cálidos, estiveron uns minutos e marcharon. "Vanse para África mamá!"


E xa para... rematar? :) fixemos seres de follas e até unha "mánica" (máquina), despois xa na computadora lles engadiron ollos e demáis enfeites. Aquí vos deixo unha mostra e no flickr! podedes ver quen é cada un






Tamén participamos con este post no:



2 de outubro de 2009

Matemáticas outonais

Seguimos enchoupados de outono, tanto que desta vez chegou ás matemáticas :)

Aquí vos deixo unha idea natural e barata para facer matemáticas manipulativas con números de imán e castañas de indias.






Nota curiosa: Na Galiza, levar unha castaña de indias no peto protexe contra as bruxas.

30 de setembro de 2009

Outono primaveral

Aproveitando o calor que fixo estes días atrás e coa escusa de que non había quen aturara no sol, fomos limpar unha leiriña que temos pola que pasa un regatiño.

Os "maiores" pasámolo bomba limpando o "río" de follas, pólas e demais, berrándonos un ó outro: "olla qué rápido baixa agora a auga!" i é que non temos sentidiño ningún XD. Eu ademais fiquei co sorriso parvo e a ledicia dun pirata que recén ven de atopar un tesouro, cando vin os fentos reais que medran na beira do regato i é que este fento leva na terra dende hai máis de 60 millóns de anos! Estades a ver o mesmo que miraban os dinosauros, non é incrível? A primeira vez que os vin, nas Gándaras de Budiño, era unha cativa e esta foi a miña segunda vez e fico igual de marabillada que daquela.


Na foto non se aprecia mas cada "pola" ten uns 100cm.

Os pequenos, sen dúbida por influencia dos fentos, retrocederon uns cantos millóns de anos e fixeron arte como os seus primitivos antepasados.


Non quero nin imaxinar a cara do veciño cando vexa en que se converteu o marco! XD
E pódese intuír a importancia que teñen na Galiza estas pedras se temos en conta a cantidade de nomes que teñen: extremas, espetos, lindes,... Engades algún máis á lista? :)

. . . . .
Bego engade:
"Os marcos (na miña terra así se coñecen) tamén se poden chamar derregos/as e cómaros.
. . . . .

E no xardín seguimos a atopar habitantes, como esta lambona de case 2cm, que tivemos que retirar pois fixo a súa mega-tea de araña nun camiño de paso.


Ou esta cucadiña que estaba atrapada no cubo que temos baixo a billa e que non sei que é, seica unha cría de lagarto arnao (ou lagarto das silvas)?

Por certo, conteivos que hai varias semanas escoitamos ouvear o lobo? Foi de noite, lonxe, nos montes, e cando o penso aínda me volvo emocionar, mistura de medo e ledicia.

E collendo poliñas da vimbieira para o proxecto semanal, atopamos a este outro disfrazado :)



E hoxe tamén estou en Infantil: Aprender es fácil

As citas do mes: setembro do 2009

"Senta-te ao sol. Abdica
E sê rei de ti próprio."
(Ricardo Reis)

"A educación consiste en aprenderlle ós homes non o que deben pensar, senón a pensar."
(Calvin Coolidge)

"O que se fai agora cos meniños é o que eles farán despois con a sociedade."
(Karl Mannheim)

29 de setembro de 2009

Por onde andamos II

Hai dúas cidades na Península que me teñen roubado o corazón. Unha é Lisboa, da que teño unhas saudades terríveis pois xa ha máis de dous anos que non a visito e a outra é a miña Compostela bonita, é entrar nela e por-se o corazón a latexar como se fora un namorado rozado polos beizos amados.

Foi unha visita demasiado rápida mas non faltou unha sentadiña con tetada incluída XD, nas escaleiras que separan a Quintana dos vivos da Quintana dos mortos. Lugar imprescindível para ver pasar o mundo no limbo que son as escaleiras.


E unha visita ó Obradoiro


Onde puidemos sentir a luz dos peregrinos e os seus pés cansos.


E fundirnos con eles e sentir o latexar da praza recostándonos no chan ollando para arriba para sentir a grandiosidade da catedral.

E a esto chámanlle aprender


22 de setembro de 2009

Catro

Xa nin recordo cando foi o derradeiro post mistura destes que me dan por facer de cando en vez :) Teño tantas cousas por compartir e tan pouco tempo... mas aí van só catro cousiñas, outro día máis :) que as disfrutedes!


1- Novas familias para engadir á comunidade homeschooler en castelán:

2- Un boneco que me ten namorada, chámase Simon, non deixedes de ir ve-lo enteiro, encántame a súa fraxilidade.



3- Un muro dos desexos, que algún día farei (non parece compricado mas se non vos vedes capaces sempre o podedes mercar, este é de UnCommon Goods e vinno e Playful Learning (un blogue con recursos para o ensino en familia moi bo).


4- Biblioteca Digital Mundial, ide e marabilládevos :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails