25 de agosto de 2009

Para vos

Estes días na praia e con mareas vivas o son do mar era tan bonito que non puiden resistir gravar un anaquiño para vos.
Este mar bravo que se quere comer a praia (e case o consegue!), que nos arrastra dos pés para levarnos con el, que nos regala os seus tesouros enchendo a praia con eles, que nos deixa nadar arrolados nas súas ondas,... este mar é hoxe para vos, que o desfrutedes tanto como nós o facemos :)




O son é moi malo (xa sabedes que a miña cámara non é nada do outro mundo) mas eu creio que vos vai encher o corazón de mar, de sal, de sol, de brisa,

Familia homeschooler precisa axuda II

Dende ALE mándanme este escrito que quero difundir. Podería ser calquera de nós.
------------------------------------------------------------------------------------


La familia Gómez-Calatayud, residentes en la provincia de Teruel, se enfrentan a un juicio por decidir de forma consciente, coherente y responsable educar a sus hijos prescindiendo de los servicios educativos que ofrece el Estado, acción que se ajusta a derecho en este país como se ha podido comprobar en múltiples ocasiones.

Desde ALE solicitamos apoyo para estos padres que se ocupan a diario de las necesidades de sus hijos pero que han optado por un sistema alternativo para llevar adelante la formación de sus hijos.

Si estás a favor de la libertad de enseñanza que enmarca nuestra Constitución te pedimos que copies y pegues el texto que viene a continuación y que lo firmes, si puede ser incluyendo tu número de DNI. Una vez copiado y firmado, puedes elegir entre enviárselo por mail a Manuel Gómez manolet123@yahoo.es o enviarlo directamente al juzgado nª 1 de Teruel al fax 978647502 poniendo en el asunto “procedimiento abreviado 126/2009”

Gracias por tu apoyo,
Azucena Caballero
Presidenta de la Asociación para la Libre Educación
www.educacionlibre.org

***

Los abajo firmantes, ciudadanos interesados en el asunto que se dilucida en las Diligencias indicadas en el encabezamiento, mediante el presente escrito, nos dirigimos a usted como juez a fin de EXPONER:

Que al tener conocimiento de que se ha citado como imputados en el juzgado nº 1 de Teruel el próximo 24 de septiembre de 2009 a Don Manuel Gómez Muñoz y Doña Vicenta Calatayud Alborch por un supuesto delito de abandono familiar, queremos mostrar nuestro apoyo a la familia Gómez - Calatayud porque entendemos que han optado por la vía de la educación en casa para sus hijos y consideramos que esta acción es ajustada a los derechos constitucionales y legales de España. No existe prohibición expresa alguna en ningún texto legal que impida educar en casa, como no existe tampoco esta prohibición en los diferentes convenios internacionales firmados por España, siendo por el contrario éste un derecho reconocido por la Organización de las Naciones Unidas (ONU).

Entendemos que la actuación de la pareja Gómez - Calatayud es una actuación consciente y que los padres, conocedores de sus deberes y derechos, han asumido plenamente la responsabilidad de educar en el hogar, amparándose en la Constitución española, artículo 27.1 y artículo 27.3. Estos artículos reconocen la libertad de enseñanza y el derecho que tienen los padres de escoger en qué forma quieren educar a sus hijos.

Nos gustaría hacerle saber a efectos meramente ilustrativos que la educación en el hogar en el Estado Español ha sido considerada legítima en repetidas ocasiones. Los Tribunales, cuando han tenido oportunidad, han considerado que el derecho a la educación no se protege y garantiza únicamente a través de la escolarización y de la integración del alumno en el sistema educativo que diseña la Ley, sino que “la formación educativa, efectuada al margen de la enseñanza oficial, es perfectamente aceptable en el marco de libertades diseñado por la Constitución” (sentencia de la Audiencia de Barcelona de 14 de febrero de 1996. FJ 1º). En el mismo sentido, el Tribunal Supremo, en la sentencia 1669 30/10/94, por ejemplo, estima compatible con el derecho a la Educación que los menores reciban formación en el ámbito familiar, al margen de la enseñanza oficial, sin que las vías establecidas por el Estado sean exclusivas o excluyentes. Hay otras sentencias en el mismo sentido, las cuales sería largo enumerar; pero sí deseamos destacar que ya en lugares como el País Vasco, Andalucía o Cataluña, entre otras, existe jurisprudencia al respecto reconociendo la legalidad y viabilidad de esta opción, así como el reconocimiento de que la escolarización en el hogar es una opción legítima y creciente no sólo en Europa y en el mundo en general, sino también en España en particular y cuenta con el beneplácito de la justicia, que atiende a los derechos de los ciudadanos que enmarca la Constitución española en su artículo 27.3. en las que se hace constar que la formación educativa, efectuada al margen de la enseñanza oficial, es perfectamente aceptable en el marco de las libertades diseñado por la Constitución.

Nos consta que la familia Gómez - Calatayud educa a sus hijos y les da una adecuada formación en el ejercicio de la libertad de enseñanza, que se reconoce constitucionalmente, habiendo optado por la educación que consideran más adecuada para sus hijos, velando por su bienestar y su educación de forma integral, tal y como se recoge en el artículo 26. 2 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos y amparándose en el artículo 26.3 de la misma declaración.

Dicho todo esto queremos reiterar que consideramos que este no es un caso de falta de responsabilidad por parte de los padres, ni de negligencia, ni tampoco de absentismo escolar y mucho menos de abandono familiar. Más bien al contrario, se podría calificar de un exceso de celo por ofrecer la mejor formación posible respetuosa con el niño y coherente con los valores de su familia, valores inscritos dentro de los valores democráticos del Estado español, y por lo tanto plenamente respetables.


Sabemos que en este momento en España no existe reconocimiento normativo expreso de modos de enseñanza alternativos o no presenciales para educación obligatoria, con la excepción de Cataluña (artículo 55 de la LEC) pero al ser una opción educativa admitida en el seno de un Estado democrático como el nuestro, pedimos que este caso no se considere como un caso de abandono familiar sino, más bien, como un caso de educación alternativa que se enmarca perfectamente en lo que prevé la Constitución Española.


Sirva pues el presente para mostrar nuestra solidaridad con la familia imputada y la manifestación de que compartimos plenamente los mismos ideales y sentimientos que animan a los padres imputados a educar a su hijo en casa.


Atentamente,

21 de agosto de 2009

Tarde de mocos e toses

Hoxe saíron os chicos a pasear mentras as chicas ficábamos na casa facendo agasallos para uns amigos (que por certo tampouco van á escola) cos que íamos quedar hoxe e tivémolo que atrasar por culpa do "ambente". Agardo que lles guste moito e enfeiten a súa nova casa con eles.

Nistes momentos é cando teño rabia de non ter unha boa cámara nin un bo ollo fotográfico (a pesar do que diga Madalen hehehe) para poder captar as cousas bonitas que fixemos, ben, eu colaba, daba algunha cor, facía buracos,... "facer" fixen pouco vaia, máis ven era axudanta.

Todo feito con caixa de cereais, que faríamos sen elas!! :)

Unha preciosa, tenra, grilanda de flores

(A segunda flor está namorada, por iso os ollos fanlle corazóns)

Quem foi que dixo que a Terra era redonda? Eu quero mudarme para esta!


E este precioso xarrón da dinastía Chim


As flores extráense para xogar a facer ramos, imprescindível por cara de princesa namorada cando se ten un gran ramo de flores no colo.
Por certo, as flores teñen narices de letras e hainas ledas, enfadadas, surprendidas,...


Póñovos unhas vistas da traseira do xarrón para que vexades cómo o mantemos de pé e tamén o pequeno petiño onde van as flores.


De súpeto vinme envolta nunha tarde de corta-pega porque querían encher de agasallos ós amigos. Os pequenos son tan xenerosos! tamén gostan de querer ós amigos e de facer que se sintan queridos Carmiña ;)

19 de agosto de 2009

Días da semana

Comparto un pequeno e sinxelo cartaz que fixen cos días da semana e a orixe do seu nome.


Podédelo imprimir tanto en galego como en castelán, non lle din cor agás ao cartaz en galego ó que lle din cor para pórlle o traballo doado os mestres, hai tan pouquiño material en galego! :( Así que cada un pode darlle a cor que máis lle guste.



Coma sempre, se alguén o emprega que faga o favor de ensinarmo, encantarame velo! :)

-------------------------------------
EDITO: Os desexos de Madalen son ordes para min ;)
Aste
View more documents from meninheira .

16 de agosto de 2009

Pinturas tribais no xardín

Coa chegada do verán climático (o temporal xa hai tempo que comezou) aproveitamos para facer esas actividades que co frío e o vento dos días pasados non apetecía facer e deste xeito é que empezou a nosa clase de arte, pintando nun gran papel con pinceis mas sobre todo cos dedos. Na casa son fans desta modalidade artística! :D



E o papel (que por certo agora preside o noso salón) quedou pequeno a pesar do seu tamaño e o que comezou sendo pintura de pinceis ou de dedos transformouse en pintura corporal e os meus pequenos civilizados (ehemmmmmm, é un dizer) en pequenos aborixes.


Sempre que lles propoño pintar coas mans acaban pintando as idems e o resto do corpo, o banner do proxecto semanal e o dos anuncios veñen dalgún deses marabillosos días.

Mas non só o lenzo de papel ficou pequeno senón tamén o lenzo do corpo e mesmo o material fíxose pequeno e pouco interesante, mas non tardaron en procurar alternativas e aí estaban agardando os tizóns da churrascada da festa da noite anterior e o chan para facer de lenzo infinito.


Máis fotos no meu Flickr!

E a túa tribo que fixo a fin de semana? :)

11 de agosto de 2009

Pouch ou Baby sling

Pensaba que os pouches (ou baby slings) eran moi coñecidos no mundo das "nais canguros" e vou descubrindo que son os grandes descoñecidos a pesar da súa simplicidade e de que son dos máis doados de usar e rápidos de vestir.

A vista dende o pouch

Os pouches son portabebés con forma de tubo que se suxeitan sobre un ombreiro; entre as súas vantaxes destacaría que ocupa pouquísimo sitio, non pesa nada, ponse rapidamente sen ter que amarrar ou enganchar, é doado dar o peito con el posto e para as presumidas coma min, destacar a infinidade de modelos que ha :D Como desvantaxe salientar que van por talla e polo tanto é case imposível compartilo co home.

Xa vos contara dun xeito sinxelo de facer un pouch para os cativos (ou mesmo un pouch de emerxencia para vos) cunha camiseta, mas non é complicado coserse un pouch, na rede canguro atopades instrucións.

Eu agora mesmo uso un hotslings (co cal estou encantada) que merquei hai anos de segunda man, mas ha moita xente que os fai "caseiros", quizais a máis coñecida da península sexa Rosa Pomar

Que gocedes dando coliño vestindo aos vosos fillos!
Viva o
babywearing! :)

10 de agosto de 2009

Ruth Matilda Anderson

Que ninguén se perda a exposición de Ruth Matilda Anderson!

Coñecina hai cousa de 10 anos e quedei namorada das súas fotografías, aínda recordo unha meniña de ollos tristes cun balde metálico. Esta fotógrafa americana estivo por estas terras aló polos anos 20 e sacou unha chea de fermosas fotografías que podedes ir gozar na exposición de Lugo (detalles ó fin da post) ou agardar a que chegue a mostra á vosa cidade pois seica vai estar un ano por estas terras. O que non poida agardar que vaia abrindo o apetite no blogue de "Vivir Galicia".
Dando un coliño


Máis sobre ela en varios artigos de La Voz de Galicia:
Se podedes ir, ide! :)

Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano
Fundación Caixa Galicia Lugo
Do 2 de xullo até o 13 de setembro do 2009
Plaza de Santa María, s/n

EDITO: engadín algunhas das súas fotos ó meu Flickr para telas a man :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails