31 de julho de 2009

As citas do mes: xullo-09

"Non é a carne e o sangue, senón o corazón o que nos fai pais e fillos.
J.C. Friedrich Schille

"Dar exemplo non é o principal xeito de influír sobre os demais, é o único xeito"
(Albert Einstein)

"A sociedade paga moi caro o abandono no que deixa aos seus fillos, como os pais que non educan aos seus"
(Concepción Arenal)

Cumpreanos

Hoxe en dia os cumpreanos convertéronse nunha celebración desmedida do consumismo e aseméllanse máis a pequenas vodas que ás festas de cumpreanos da nosa infancia. Cando era nena o cumpreanos celebrábase na casa cun par de amiguiños, unha tarta, uns bocadillos e ala! a pasalo ben! :) Agora seica é "preciso" un "parque de bolas" ou similar, uns 30 ou 40 nenos, paquetes cheos de larpeiradas para cada un e agasallos dun mínimo de 15€ (e creo que estou sendo demasiado forrona)

Uns amigos contáronnos no inverno que tiñan polo menos un cumpreanos todas as semanas. Os nenos só ben agasallos enormes que chegan facilmente unha e outra vez sen ningún esforzo e creo que iso non é bo nin para o neno que está de cumpreanos nin para os outros, por iso na casa a celebración dun cumpreanos non se limita a ir á tenda a mercar "algo", senón que empeza coa realización da tarxeta de cumpreanos, que é feita polos meus pequenos con todo o seu cariño.



Aquí vos poño só tres exemplos para que vos fagades unha idea. Como vedes non é só un debuxo, senón unha mistura de técnicas e materiais varios, entre eles o noso benquerido cartón de caixa de cereais :)
E ademais das tarxetas (cada pequeno meu fai unha) acostumamos facer outro agasallo que case sempre é un libro ou algo feito na casa (un xoguete en feltro, un pendurico, unha camiseta bordada,...) .

E por último, a "guinda": Para envolver os agasallos prefiro o papel de estraza (ou papel de embalar) ao típico papel de agasallo, ademais agora hai papel de estraza (como se di en galego?) de moitas cores bonitas.

Na casa gustamos de pór o noso cariño nos pequenos detalles, personalizar o paquete cunhas coroas como neste caso, uns coches, uns corazóns,... ou mesmo debuxando no papel.

30 de julho de 2009

Suspéndense as revisións rutinarias pediátricas

Decidín ir recollendo no blogue aquilo que nos poida interesar sobre a gripe esta do demo.


A primeira mensaxe é para informarvos da decisión do SERGAS de suspender as revisións pediátricas de control nas que non sexa preciso pór a vacina de turno e deste xeito non expor ós nenos sans ó posível contacto co virus.

A min paréceme unha medida moi acertada, as salas de consulta pediátricas soen ser un caldo de cultivo de infinidade de virus e supoño que pórlle trabas ó avance do virus axudará a non colapsar o sistema sanitario.


Deíxovos dúas ligazóns:

29 de julho de 2009

Os cataláns na vanguardia

Pois ó final si puido ser!! que ledicia poder rectificar!!
Na casa sempre dicimos que Cataluña está en Europa e como vedes non fan máis que demostralo, coa publicación da Lei de Educación de Cataluña o ensino en familia xa non é alegal (como no resto da España) no seu territorio. Os meus parabéns :)

Aquí vos deixo anacos do texto (que traduzo doutros blogues).

....................................................................
Art 55.
Ensino non presencial.

55.1. O goberno, para facilitar o dereito universal á educación debe desenvolver unha oferta adecuada de educación non presencial.

55. 2. Pódense transmitir na modalidade de educación non presencial o ensino pos-obrigatorio, o ensino que non conduce a titulacións ou Certificacións válidas en todo o Estado, os cursos de formación preparatoria para as probas de acceso ó sistema educativo, a formación nas competencias básicas, a formación ocupacional e a formación permanente. Tamén se poden impartir excepcionalmente, ensinos obrigatorios e outros ensinos que en determinadas circunstancias, estableza o Departament.

55.3. A oferta formativa non presencial hase de caracterizar pola variedade, apertura e flexibilidade para elixir, especialmente, a extensión da extensión da accesibilidade desta formación, a simultaneidade con outros ensinos e a complementariedade con outras accións e estratexias formativas, e tamén a complementariedade co traballo.

55.4. Sen prexuízo da modalidade de educación semi-presencial e non presencial que é ... implantar nos centros públicos ordinarios, a Administración ha de organizar por medio dun centro singular para a impartición especifica dos ensinos na modalidade non presencial

55.7. O Departament ha de crear e regular un rexistro no que consten os dados dos alumnos que se acollen á modalidade de educación non presencial en ensino de educación básica*.

* esta lei considera educación básica a educación primaria e a secundaria obrigatorias.


Disposición adicional 17ª
Acreditación para a obtención do titulo de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.

Hase de establecer por regulamento o procedemento de acreditación para obter o título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria dos alumnos que consten no rexistro ao que fai referencia o articulo 55.7.



....................................................................
Máis en: (Irei engadindo conforme vaia atopando)

Sunshine

Seica levamos apenas 6 días de sol durante todo o mes de xullo, así que cando sae o sol é todo un rebumbio de actividade.
Chega o tempo de:

Pór lavadoras

E coa roupa tendida ó sol aparecen nenos a correr entre as sabas molladas e a facer como se fosen pantasmas

Comer riiiiiico

As ameixiñas da árbore, as framboesas que nos deixan as merlas, churrasquito....

Subir ás árbores


Brincar coa lama

(Recoñeces os marciáns Ipe? ;) )

Brincar coa area


Non é na praia é no noso xardín :) No areeiro botei unha morea de cunchas e agora son toda unha sorpresa cando se atopan.

Istos días citáronse moito as palabras dun sabio ó que agardamos coñecer e despexar o seu anonimato: "isto só o teñen os moi ricos e nós"

26 de julho de 2009

Estou por casarme outra vez

Agardo que o sorriso aflore non só na cara, senón tamén no voso corazón.
Non se debe abandonar a infancia, a nosa patria verdadeira!




P.S. Laura, esto con los vestidos rosas con lunares verdes va a ser la repera!! XDDDDDD

25 de julho de 2009

O noso día

Hoxe 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega, porén cada día Galiza é menos patria e menos galega para irse diluíndo na uniformidade que reclama o pensamento Húnico (*)

Este foi o escudo que Castelao soñou para a Galiza e dáme moita mágoa ollar para el porque representa moitos soños rotos non xa dende o nacionalismo senón sobre todo dende o socialismo.

(*) Pensamento Húnico: aquel que por onde pasa non deixa medrar outro.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails