29 de julho de 2009

Os cataláns na vanguardia

Pois ó final si puido ser!! que ledicia poder rectificar!!
Na casa sempre dicimos que Cataluña está en Europa e como vedes non fan máis que demostralo, coa publicación da Lei de Educación de Cataluña o ensino en familia xa non é alegal (como no resto da España) no seu territorio. Os meus parabéns :)

Aquí vos deixo anacos do texto (que traduzo doutros blogues).

....................................................................
Art 55.
Ensino non presencial.

55.1. O goberno, para facilitar o dereito universal á educación debe desenvolver unha oferta adecuada de educación non presencial.

55. 2. Pódense transmitir na modalidade de educación non presencial o ensino pos-obrigatorio, o ensino que non conduce a titulacións ou Certificacións válidas en todo o Estado, os cursos de formación preparatoria para as probas de acceso ó sistema educativo, a formación nas competencias básicas, a formación ocupacional e a formación permanente. Tamén se poden impartir excepcionalmente, ensinos obrigatorios e outros ensinos que en determinadas circunstancias, estableza o Departament.

55.3. A oferta formativa non presencial hase de caracterizar pola variedade, apertura e flexibilidade para elixir, especialmente, a extensión da extensión da accesibilidade desta formación, a simultaneidade con outros ensinos e a complementariedade con outras accións e estratexias formativas, e tamén a complementariedade co traballo.

55.4. Sen prexuízo da modalidade de educación semi-presencial e non presencial que é ... implantar nos centros públicos ordinarios, a Administración ha de organizar por medio dun centro singular para a impartición especifica dos ensinos na modalidade non presencial

55.7. O Departament ha de crear e regular un rexistro no que consten os dados dos alumnos que se acollen á modalidade de educación non presencial en ensino de educación básica*.

* esta lei considera educación básica a educación primaria e a secundaria obrigatorias.


Disposición adicional 17ª
Acreditación para a obtención do titulo de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria.

Hase de establecer por regulamento o procedemento de acreditación para obter o título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria dos alumnos que consten no rexistro ao que fai referencia o articulo 55.7.



....................................................................
Máis en: (Irei engadindo conforme vaia atopando)

Sunshine

Seica levamos apenas 6 días de sol durante todo o mes de xullo, así que cando sae o sol é todo un rebumbio de actividade.
Chega o tempo de:

Pór lavadoras

E coa roupa tendida ó sol aparecen nenos a correr entre as sabas molladas e a facer como se fosen pantasmas

Comer riiiiiico

As ameixiñas da árbore, as framboesas que nos deixan as merlas, churrasquito....

Subir ás árbores


Brincar coa lama

(Recoñeces os marciáns Ipe? ;) )

Brincar coa area


Non é na praia é no noso xardín :) No areeiro botei unha morea de cunchas e agora son toda unha sorpresa cando se atopan.

Istos días citáronse moito as palabras dun sabio ó que agardamos coñecer e despexar o seu anonimato: "isto só o teñen os moi ricos e nós"

26 de julho de 2009

Estou por casarme outra vez

Agardo que o sorriso aflore non só na cara, senón tamén no voso corazón.
Non se debe abandonar a infancia, a nosa patria verdadeira!




P.S. Laura, esto con los vestidos rosas con lunares verdes va a ser la repera!! XDDDDDD

25 de julho de 2009

O noso día

Hoxe 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega, porén cada día Galiza é menos patria e menos galega para irse diluíndo na uniformidade que reclama o pensamento Húnico (*)

Este foi o escudo que Castelao soñou para a Galiza e dáme moita mágoa ollar para el porque representa moitos soños rotos non xa dende o nacionalismo senón sobre todo dende o socialismo.

(*) Pensamento Húnico: aquel que por onde pasa non deixa medrar outro.

22 de julho de 2009

Terceiro proxecto trimestral: ANATOMÍA

Xa hai tempo que temos empezado outro proxecto trimestral, esta vez adicado a anatomía. Fágovos unha recompilación do que levamos feito e agardo que vos sexa útil esta mensaxe porque levo dende maio a facela ós poucos.

O primeiro que fixemos aproveitando o proxecto semanal foi xogar con osos e despois montamos o noso esqueleto que se chama Chocolata e ten chupeta propria. Foi mercado por fascículos cun xornal de "cuyo nombre prefiero no acordarme" hahahaha aínda que se alguén está interesado na ligazón que puxen pode enteirarse de cómo mercalo directamente á editorial, como xa teño dito nos comentarios foi caro, pero paga a pena (por certo que hai un esquelete dun T. Rex que é de impresión!)



Tamén integramos dentro deste proxecto trimestral aquel dos "pelos" do proxecto semanal e por suposto tamén ollamos a serie de Érase una vez la vida, cántos recordos! e enchemos o noso mural.

Aquí a pobre chocolata sae "desintestinada" a coitada.

Os libros que temos na casa para pequenos sobre o tema son de esquerda a dereita:
- El cuerpo humano, que viña co esqueleto.
- Como trabaja tu cuerpo, que era meu de cando pequena (vaivos encantar esta ligazón).
- A aula na casa. O corpo humano, unha obra de consulta de 17 tomos da Voz de Galicia que tamén mercamos hai tempo co xornal.
- O teu corpo (a versión en castelán a tedes aquí) que mercamos despois de telo collido un montón de veces na biblioteca.


Un montón de esqueletes, algúns en familia.
Os móbiles tedes para descargalos nas ligazóns de embaixo. Para facer movibles as articulacións usei la cun nó en cada lado


Os órganos están pegados só por un punto de xeito que se poidan levantar e fíxenos con papel transparente.


Os grandes protagonistas, xunto cos xermes, das conversacións destes meses.


Tamén fixemos un lapbook

......................................................................................

Imprimíveis:

Xogos:

Máis recursos:

Libros "online":

E se queredes levar o proxecto "máis aló" hehehe

I heart guts: Camisetas, bonecos,... son preciosos!

Belén: estou a ver se che quito o posto hehehehe

20 de julho de 2009

Traballos de verán

Xa estivo a máquina a limpar nos arredores e temos as leiras limpiñas que da gosto velas, sentímonos un pouco máis protexidos contra o lume e contra as serpes pois esperamos que entre a traballeira das máquinas e a limpeza fuxiran para o monte, porque non vos podedes imaxinar a de víboras que andan a aparecer polo pobo, por suposto xa houbo quen dixo que "as botan" Quen será o que anda a criar bechos para botalos nos pobos galegos? porque no pobo viciño seica outro paveiro lles botou pulgas!! ;)

Despois da limpeza veñen as outras máquinas a embalar a herba para alimentar ós animais no inverno e co tractor (este levado por unha muller) vannas xuntando


E co trebello este as empacan


É incrível como o progreso tecnolóxico trouxo tanto retroceso no coidado do noso planeta, fixádevos na cantidade de plástico que xera unha actividade antes tan limpa e beneficiosa para a terra.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails