21 de julho de 2009
20 de julho de 2009
Traballos de verán
Xa estivo a máquina a limpar nos arredores e temos as leiras limpiñas que da gosto velas, sentímonos un pouco máis protexidos contra o lume e contra as serpes pois esperamos que entre a traballeira das máquinas e a limpeza fuxiran para o monte, porque non vos podedes imaxinar a de víboras que andan a aparecer polo pobo, por suposto xa houbo quen dixo que "as botan" Quen será o que anda a criar bechos para botalos nos pobos galegos? porque no pobo viciño seica outro paveiro lles botou pulgas!! ;)
Despois da limpeza veñen as outras máquinas a embalar a herba para alimentar ós animais no inverno e co tractor (este levado por unha muller) vannas xuntando
Despois da limpeza veñen as outras máquinas a embalar a herba para alimentar ós animais no inverno e co tractor (este levado por unha muller) vannas xuntando
15 de julho de 2009
Primeiro cumpreBlogue!
Pois é, aínda que me parece incrível xa pasou un ano dende que escribín o primeiro post que comezou este blogue instigada (e inspirada) por Xose e máis a que se converteu co paso do tempo na miña xemelguiña :)
Un ano con máis 20.800 visitas, 71 seguidores, aparicións en Cucurrucu!, ABC&123 (e aquí), en Vieiros, en Kireei,...
Nun principio pensaba facer un sorteo mas despois pensei que era mellor premiarvos a todos os que me visitades e aquí está o meu agasallo de cumpreblogue, unhas preciosas bandeirolas (clicar para descargalas) para que imprimades na casa e que eu estarei encantada de ver como vos quedaron e onde as empregáchedes, así que non vos esquezades de sacar fotos :)
Son ben doadas de facer, imprimídeas, recortádeas, escolledes a corda ou fío do voso gosto e ides dobrando cada bandeirola, escolledes a colocación das cores e por último aplicades o pegamento
Et voilà!

Proxecto trimestral: ESPAZO
Xa hai un par de meses que rematamos co proxecto trimestral adicado ó espazo mas tiñamos o lapbook pendente "duns detalliños" e non foi até agora que me decidín a subilo. Como no caso anterior está deseñado enteiramente por min adaptado ós meus pequenos. A maioría das imaxes foron obtidas da miña favorita (e máis frecuentemente usada) fonte de recursos: o google imaxes, outras foron feitas por nós ou recortadas de revistas.
As cancións e poemas son: "Luna lunera", "A neve e o sol" (Helena Villar Janeiro), "Quisiera ser tan alta", "El sol quería bañarse" (Salvador de Madariaga) e "O sol" (Manuel María).
Na parte do medio que se levanta por un lado está o traxe completo que levou Aldrin e por detrás unha foto da comida que levan ó espazo.
Unhas fotos do lapbook onde podedes ver mellor os detalles.
Mensaxes anteriores relacionados co tema deste proxecto:

- Mural
- A vida no espazo
- O espazo nas nosas vidas
- Cosimos constelacións
- Fichas de elaboración propria e un pequeno cartaz co nome dos planetas (tanto serve para galego como para castelán).
- As estacións
- Tentamos facer un foguete con material de refugallo
- Fixemos unha lúa para "ler" cos dedos
- Un monte de recursos
14 de julho de 2009
8 de julho de 2009
Mis Maricuchis
Vai pasar un tempo acompañándonos Carmina de Mis Maricuchis, esta chica sevillana fai unhas cousas preciosas en crochet, feltro,...É un pouco difícil escoller entre todas as súas creacións pero fixádevos que monadiña de body, que colgador para as portas tan tenro e que broche tan chic
Podedes botar un ollo ó seu catálogo para ver todas as preciosidades que fai e tamén probar sorte no seu sorteo.
6 de julho de 2009
Amo-te mil milhões
Esta semana acompáñanos Virgínia do Amo-te mil milhões.Ela é doce como as cousas que fai, que non só teñen ese aquel que só teñen as cousas feitas a man senón que ademais están feitas cun cariño e un amor de mil millóns, o seu blogue non só inspira cousas belas para facer (ou soñar que as fas como no meu caso), senón que ademais é un exemplo de respecto, de amor, desa crianza da que eu gosto tanto!!

Non deixades de visitar o seu blogue ou a súa tenda en Dawanda, se tedes un agasallo por facer o ten ela e se necesitades un mimiño para a casa tamén o ten ela.
3 de julho de 2009
Subscrever:
Mensagens (Atom)