21 de julho de 2009

Ensinando na lareira


Vía "una web en cirílico" con un montón de cadros que debedes ver :)

20 de julho de 2009

Traballos de verán

Xa estivo a máquina a limpar nos arredores e temos as leiras limpiñas que da gosto velas, sentímonos un pouco máis protexidos contra o lume e contra as serpes pois esperamos que entre a traballeira das máquinas e a limpeza fuxiran para o monte, porque non vos podedes imaxinar a de víboras que andan a aparecer polo pobo, por suposto xa houbo quen dixo que "as botan" Quen será o que anda a criar bechos para botalos nos pobos galegos? porque no pobo viciño seica outro paveiro lles botou pulgas!! ;)

Despois da limpeza veñen as outras máquinas a embalar a herba para alimentar ós animais no inverno e co tractor (este levado por unha muller) vannas xuntando


E co trebello este as empacan


É incrível como o progreso tecnolóxico trouxo tanto retroceso no coidado do noso planeta, fixádevos na cantidade de plástico que xera unha actividade antes tan limpa e beneficiosa para a terra.

15 de julho de 2009

Primeiro cumpreBlogue!

Pois é, aínda que me parece incrível xa pasou un ano dende que escribín o primeiro post que comezou este blogue instigada (e inspirada) por Xose e máis a que se converteu co paso do tempo na miña xemelguiña :)

Un ano con máis 20.800 visitas, 71 seguidores, aparicións en Cucurrucu!, ABC&123 (e aquí), en Vieiros, en Kireei,...

Nun principio pensaba facer un sorteo mas despois pensei que era mellor premiarvos a todos os que me visitades e aquí está o meu agasallo de cumpreblogue, unhas preciosas bandeirolas (clicar para descargalas) para que imprimades na casa e que eu estarei encantada de ver como vos quedaron e onde as empregáchedes, así que non vos esquezades de sacar fotos :)


O "estampado" son unhas florciñas aínda que aquí vedes outras versións.

Son ben doadas de facer, imprimídeas, recortádeas, escolledes a corda ou fío do voso gosto e ides dobrando cada bandeirola, escolledes a colocación das cores e por último aplicades o pegamento


E as ides pegando no fío


Et voilà!


Como vedes quedan ben onde queira que se poñan, na xanela, nos estantes, na parede,... mesmo as podedes pegar en escarvadentes e empregalas como topes para as madalenas ou outros pequenos bocadiños.

Que as disfrutedes!

Hoxe non é precisamente o día que cumpro o ano, mas non podía agardar máis tempo hehehe

Proxecto trimestral: ESPAZO

Xa hai un par de meses que rematamos co proxecto trimestral adicado ó espazo mas tiñamos o lapbook pendente "duns detalliños" e non foi até agora que me decidín a subilo. Como no caso anterior está deseñado enteiramente por min adaptado ós meus pequenos. A maioría das imaxes foron obtidas da miña favorita (e máis frecuentemente usada) fonte de recursos: o google imaxes, outras foron feitas por nós ou recortadas de revistas.



As cancións e poemas son: "Luna lunera", "A neve e o sol" (Helena Villar Janeiro), "Quisiera ser tan alta", "El sol quería bañarse" (Salvador de Madariaga) e "O sol" (Manuel María).
Na parte do medio que se levanta por un lado está o traxe completo que levou Aldrin e por detrás unha foto da comida que levan ó espazo.

Unhas fotos do lapbook onde podedes ver mellor os detalles.




Mensaxes anteriores relacionados co tema deste proxecto:

8 de julho de 2009

Mis Maricuchis

Vai pasar un tempo acompañándonos Carmina de Mis Maricuchis, esta chica sevillana fai unhas cousas preciosas en crochet, feltro,...

É un pouco difícil escoller entre todas as súas creacións pero fixádevos que monadiña de body, que colgador para as portas tan tenro e que broche tan chic


Podedes botar un ollo ó seu catálogo para ver todas as preciosidades que fai e tamén probar sorte no seu sorteo.

6 de julho de 2009

Amo-te mil milhões

Esta semana acompáñanos Virgínia do Amo-te mil milhões.
Ela é doce como as cousas que fai, que non só teñen ese aquel que só teñen as cousas feitas a man senón que ademais están feitas cun cariño e un amor de mil millóns, o seu blogue non só inspira cousas belas para facer (ou soñar que as fas como no meu caso), senón que ademais é un exemplo de respecto, de amor, desa crianza da que eu gosto tanto!!


Non deixades de visitar o seu blogue ou a súa tenda en Dawanda, se tedes un agasallo por facer o ten ela e se necesitades un mimiño para a casa tamén o ten ela.

3 de julho de 2009

Pequena lista de cousas por facer


Se gostas dela para o teu blogue, levaa :)

EDITO:
Se alguén a quere para imprimir que me mande un e-mail que llo envío en pdf con maior resolución.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails