31 de maio de 2009

As citas do mes: maio-09

"Cando pos fe, esperanza e amor xuntos podes criar nenos positivos nun mundo negativo".
Zenón de Elea

"Deben cultivarse en la infancia preferentemente los sentimientos de independencia y dignidad".
José Martí

"Educar a un neno é esencialmente aprenderlle a prescindir de nós".
Berge

"Os cativos adiviñan que persoas os queren. É un don natural que se perde co tempo."
Paul de Kock

29 de maio de 2009

Auséntome por uns días



Vémonos á volta :)

28 de maio de 2009

27 de maio de 2009

Monstros e gnomos

Istos blogues son de nenos que fan ensino en familia e non, non son eles nin os gnomos nin os monstros hehehe:

Esta semana teño que dar as gracias por varios premios:

Premendo na imaxe podedes ver o vídeo e votalo, é moi bonito. Encántame como signa Iago.

E quero repartir os tres premios entre todos os que me visitades, moitas grazas por acompañarme :)

Fai tempo, puxera unha casa para nenos que parecía a do Señor Bilbo Bulseiro, pois ben, atopei a súa casa!!

Non é incrível? Non deixedes de visitar o site: A Low Impact woodland home. É unha casa onde tes que ser feliz, imaxino que vivindo aí tes que levar unha vida alucinante non é? nada de traballar nunha oficina hehehe (con perdón para os que fagan, ups!)

E falando de maxia, hai tempo que me ten fascinada e namorada Melissa Sue. Adoro os seus pequenos monstros!!


Cando me toque a quiniela penso comprarme un (magoa que non xogue), non vos parecen encantadores? teñen tanta vida...


E por último unha petición.
Alguén sabe dicirme onde podo mercar a máquina que fai os circuliños nas teas, papel, etc. e que deixa como un borde metálico? (explícome que da pena, ains)

25 de maio de 2009

Proxecto semanal peludo

Co conto deste proxecto exercemos de mestres perruqueiros da Princesa Desgreñada :D
A coitada chegounos espantada e con esta pintiña


Mas traballamos a reo: tris, tras, tris, tras

"Coidado! que me levas o ollo!"
Ó cortarlle o pelo descubrimos que tiña a boca "manchada de auga" (sic)

Ó final quedou ben guapiña


E o chan quedou perdido de "cabelos" (que serán aproveitados para calquera outro uso).

Como vedes por tesoiras non foi :P

24 de maio de 2009

Participantes do proxecto semanal: COLAR

A familia dos tartarouchos


Adivina cuánto te quiero


Bajo el diente de león


Creciendo unidos


Cuatro en familia


Cuatro en la cama



Dálle un coliño


La mejor mami


Mi hijo mi maestro


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender


Pés na relva (pequete)


Un desert a casa


Una planta de naranja lima




Palabra clave desta semana: CORREO
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (PELO) nesta mensaxe.


---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)

---------------

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails