24 de maio de 2009

Participantes do proxecto semanal: COLAR

A familia dos tartarouchos


Adivina cuánto te quiero


Bajo el diente de león


Creciendo unidos


Cuatro en familia


Cuatro en la cama



Dálle un coliño


La mejor mami


Mi hijo mi maestro


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender


Pés na relva (pequete)


Un desert a casa


Una planta de naranja lima




Palabra clave desta semana: CORREO
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (PELO) nesta mensaxe.


---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)

---------------

19 de maio de 2009

Esos días II


18 de maio de 2009

Proxecto semanal con colar

Andamos moi atarefados mudando xa de proxecto trimestral e cun montón de cousas por facer, ademais de que é complicado manter á rapazada dentro en canto deixa de chover, por iso aproveito e pídovos desculpas por non poder participar en todo, nin poder contestarvos todas as veces que quixera ou o rápido que quixera.

Aproveitando un día que non choveu (hai que ver a primavera que levamos), estivemos a recoller flores para facer colares de margaridas


E tamén fixemos colares para comer


que antes de ser devorado luciu a axudante do novo proxecto trimestral, á coitada necesitaba un colar destes pois xa vedes que está nos ósos hehehe

17 de maio de 2009

Hoxe é o día das letras galegas

Este ano adícase este día a Ramón Piñeiro e eu non podo máis que pensar nesta nosa lingua malquerida e atacada que está ferida de morte.
Hoxe hai unha manifestación en Compostela polo dereito a vivir en galego, hoxe, 17 de maio de 2009, non de 1969 :(


Aínda que a RAG (Real Academia Galega) vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en galego, que o sindicato de Xornalistas denuncia que moitos informadores non son libres para traballar en galego, que (non me cansarei de contalo e non son eu a única que o di, que o vive) moitos nenos teñen serias dificultades para entender e falar o galego,



a pesar de isto e doutras cousas ha quen promove e alimenta un irreal conflito lingüístico na Galiza, quen di que se está a impor o galego, que son rexeitados por falar castelán,... Goebels dicía que "unha mentira repetida mil veces convértese en verdade".
Isto é unha grande falacia, nos meus "taitantos" anos, na miña vida fun discriminada por usar castelán, NUNCA, e fun (e son) castelán falante en moitos eidos incluído o universitario, mas si podería falarvos do exemplo contrario, de profesores que me recriminaron o uso do galego, de funcionarios que me trataron con desprezo por falarlles en galego, de institucións públicas na Galiza que ou ben non admiten o uso do galego ou o dificultan,...

Podería dicir mil cousas e mil argumentos para contradicir a quen di iso ... mais so vou dicir unha cousa, menten.

Participantes do proxecto semanal: ÓSOS

A familia dos tartarouchos
(non me puiden resistir, mmmmm :D)

Adivina cuánto te quiero


Anar aprenent


Creciendo unidos


Cuatro en familia


Cuatro en la cama


Dálle un coliño


La mejor mami


Mi hijo mi maestro


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender


Una planta de naranja lima




Palabra clave desta semana: PELO (pelo)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (COLAR) nesta mensaxe.


---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)

---------------

16 de maio de 2009

Saímos en Kireei - cosas bellas

E cando digo "saímos" refírome a todas pois é dos nosos proxectos semanais do que falan en Kireei. É moi bonita a reseña que fixeron aínda que como xa lles dixen dáme moita mágoa que non saíran tooooodas as fotos dos proxectos pois hai moitos preciosos, mas claro, serían demasiados :DDD
(Clicar para ver en grande)

Se non coñecedes Kireei deberíades ir botarlle un ollo, é unha web onde fan análises (ou reseñas) dos máis diversos productos e tamén amosan moitas outras cousas, iso sí todo según a máxima de ser agradável para a os sentidos.

13 de maio de 2009

Saímos en Vieiros

Xa é a segunda vez que me vexo en Vieiros e foi unha grande ledicia, vin nacer este portal converténdose nunha referencia na Galiza e de súpeto véxome nel.

Que doado é facer feliz á xente :)


Case sae o xoves :P

Esta semana non teño ningún blogue ou web nova relacionada co ensino na casa mas non quería deixar de facer un post do mércores onde gosto de compartir con vós cousas variadas :D

O primeiro que me gostaría é compartir unhas citas con vos :)
A primeira é de Josep Mascaró que para quen non o saiba é un avó de 102 anos protagonista dun anuncio de refrescos, pois ben, hai tempo vin unha entrevista que lle fixeran na tele rodeado da súa familia. A reporteira preguntáballe polo segredo da felicidade e el dixo: "hacer las cosas bien" e canta razón teñen esas 3 palabras!! todos podemos equivocarnos e facer algo mal pero levar o ben como bandeira é sen dúbida o mellor xeito non só de ser feliz, se non de repartir felicidade. Tamén na mesma entrevista falaban da amizade e dixo dos amigos: "si son familia, son amigos, si no no lo son". Canta sabiduría pode dar este home, canta sabiduría hai nas palabras dos vellos, hoxe tan desprezados pola sociedade :(

E a segunda cita é de Eduard Punset que escoitei nun video no blogue de Jacqueline: La vida desde mi ventana, o video é precioso, recoméndovolo ver, nel fai un recorrido sobre a súa vida e case o final falan do debate sobre si hai vida despois da morte e el fainos ver que o importante e o que temos que preguntarnos é "si hay vida antes de la muerte". É unha frase tan redonda que non quero dicer nada, espero que vos faga pensar.


E por outra banda gustaríame ensinarvos as diademas-tocados que fixen porque igual vos animades a facer as vosas.


Son ben doadas de facer como vedes na foto de enriba e despois hai dous xeitos de darlles uso, podédelas coser nunha diadema na que previamente lle enroscades unha fita (ou ben mercades unha que xa teña tecido onde cosela)


ou cosedes a flor a unha goma. Sinxelo verdade? e fica espectacular


(a foto é unha chafallada pero quería que virades como queda)


Jacqueline concedeume outro marabilloso premio que lle agradezo profundamente :)



E outra cousa que vos quero ensinar e que me ten namorada. Hai tempo que teño en mente facerme un colar onde estean dalgún xeito recollidos ou representados os meus peques e teño mirado moitos, algúns poñen o seu nome, outros gravan a imaxe do neno no metal,... pero istos de lucky me beads téñenme namorada, podes escoller como queres que sexa, personalizalos ó teu gusto, son perfectos! gústanvos tanto como a min? :)



E para engadir ás casiñas que van facer o pobo dos meus soños teño un dilema esta semana porque non sei cal escoller da chea delas que teñen en Posh Tots Toys, creo que vou quedar co forte do rei ou o de Robin Hood hehehe

E agora é cando digo o de "mardito parné" XDDDDDDDDDDDDDDD

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails