12 de maio de 2009

E tí como te sentes? ;)

11 de maio de 2009

Proxecto semanal en ósos

Esta semana o proxecto foi ben sinxelo e para eles incrível.
Consistiu simplemente en darlles uns cantos ósos da miña colección particular.

Como teño todo gardado por falta de sitio nunca antes os tiñan tocado e aló estiveron facendo unha chea de preguntas, comparando eses ósos cos seus, xogando con eles...


No seu día pertenceron a un cabalo (este cranio) e a un can e foron atopados, non pensedes que me adico a roubar cemiterios como alguén suxeriu XDDDDD


O coitado do can reencarnado nunhas baquetas


"Os ósos das pernas son así"



(máis grandes no meu Flickr!)

Participantes do proxecto semanal: LETRA

A escola é bela


A familia dos tartarouchos

Adivina cuánto te quiero


Alzar el vuelo


Anar aprenent


Bajo el diente de león


Cuatro en familia


Cuatro en la cama


Dálle un coliño


La mamá gallina y sus cuatro pollitos


La mejor mami


Mi hijo mi maestro


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender




Palabra clave desta semana: COLAR (collar)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (ÓSO) nesta mensaxe.


---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)

---------------

10 de maio de 2009

A selva de detrás da casa

O noso xardín segue a regalarnos os ollos, fixádevos na preciosidade que atopamos hoxe tomando o solciño entre a nosa leña.

É un lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) moi común na Galiza aínda que agora estea en perigo, eu diría que é un macho.

Tiña uns 30cm. Fermoso verdade?

8 de maio de 2009

Diario dunha muller sinxela

Diario de hoxe 8 de maio:

Se miro pola xanela... vexo o típico día de verán caloroso pero cheo de nubes e néboa. Din que mañá chove, a ver :P

Estou a pensar... unha chea de cousas!! no contenta que debe estar Carmiña saltando pola casa cun sorriso de orella a orella, en reorganizar e decorar agora que medio-rematamos as obras, no novo proxecto trimestral, en que estou feliz do calorciño que ó fin chegou,...

Dentro das cousas que aprendemos, hoxe... namentres escribo isto están a recortar uns bonecos que teñen un número na camiseta e que teñen que pegar por orde.

Síntome agradecida por... cobrar un mes mais, Ay que ver como se está poñendo isto da crise eh?

Das cousas de comer salientar... pois hoxe falabamos o meu home e máis eu sobre o feito de que a todos os nosos fillos lles gusta máis o peixe que a carne e que nos parece que é máis rico que a carne, máis doado de comer,... e que non entendíamos iso que se di sempre de que ós nenos pequenos non lles gusta o peixe. Ós vosos pequenos gústalles?

Teño posto... unha blusa branca de manga francesa cunha minisaia negra evasé e unhas medias de espuma grises, acompañado cunha torerita (ou bolero) negra que son moi frioleira. E estou en zapatillas de andar por casa, cando saiamos á rúa calzarei uns zapatos de tacón e porei uns pendentes largos prateados (que non de prata hehehe) cunha pedra branca.

Estou a ler... revistas de todo tipo, e libros de xardinería.

O que espero... que mañá faga sol ou que non enfríe o tempo para poder estar fora todos a gusto.

Estou a crear... teño enriba da miña mesa unha camiseta de algodón lisa á que lle quero bordar algo para darlle un pouquiño máis de "vida" pero aínda non sei o que :)

Estou a escoitar... agora (isto vai feito a ratos) estou a escoitar o riso dun dos peques a xogar co seu pai :D

Por toda a casa... ósos!!

Unha das miñas cousas favoritas traballar a terra.

Algúns plans para o resto da semana... rematar o areeiro, que xa case está, só restan os "detallitos" :D

Unha foto para compartir: Gústanme moito estas fotos dos zapatos que poñen a miúdo as nais do mundo endiante, así que o outro día fixen unha :)


(Por certo que estas son as medias que levo hoxe)

7 de maio de 2009

Non puido ser

Decátome polo blogue de Gemma que finalmente non vai ser desta tampouco :(


Queres anunciarte? ................................ (post bilingüe)



Dada a cantidade de visitas que estou recibindo ultimamente, xeralmente máis de 100 diarias (cando escrebo esta mensaxe), pensei en abrir o blogue a todas as que producides algo de xeito artesanal.

Por iso, se queres publicitarte de balde no meu blogue, envíame un banner de 130x130 pixeles. O teu banner estará na columna lateral dereita até que apareza outra tenda ou como mínimo unha semana.

*** *** *** *** *** *** *** *** ***

Dada la cantidad de visitas que estoy recibiendo ultimamente, generalmente más de 100 diarias (cuando escribo este mensaje), he pensado en abrir el blog a todas las que producís algo de manera artesanal.

Por eso, si quieres publicitarte gratuitamente en mi blog, envíame un banner de 130x130 pixeles. Tu banner estará en la columna lateral derecha hasta que aparezca otra tienda o como mínimo una semana.


LinkWithin

Related Posts with Thumbnails