8 de maio de 2009

Diario dunha muller sinxela

Diario de hoxe 8 de maio:

Se miro pola xanela... vexo o típico día de verán caloroso pero cheo de nubes e néboa. Din que mañá chove, a ver :P

Estou a pensar... unha chea de cousas!! no contenta que debe estar Carmiña saltando pola casa cun sorriso de orella a orella, en reorganizar e decorar agora que medio-rematamos as obras, no novo proxecto trimestral, en que estou feliz do calorciño que ó fin chegou,...

Dentro das cousas que aprendemos, hoxe... namentres escribo isto están a recortar uns bonecos que teñen un número na camiseta e que teñen que pegar por orde.

Síntome agradecida por... cobrar un mes mais, Ay que ver como se está poñendo isto da crise eh?

Das cousas de comer salientar... pois hoxe falabamos o meu home e máis eu sobre o feito de que a todos os nosos fillos lles gusta máis o peixe que a carne e que nos parece que é máis rico que a carne, máis doado de comer,... e que non entendíamos iso que se di sempre de que ós nenos pequenos non lles gusta o peixe. Ós vosos pequenos gústalles?

Teño posto... unha blusa branca de manga francesa cunha minisaia negra evasé e unhas medias de espuma grises, acompañado cunha torerita (ou bolero) negra que son moi frioleira. E estou en zapatillas de andar por casa, cando saiamos á rúa calzarei uns zapatos de tacón e porei uns pendentes largos prateados (que non de prata hehehe) cunha pedra branca.

Estou a ler... revistas de todo tipo, e libros de xardinería.

O que espero... que mañá faga sol ou que non enfríe o tempo para poder estar fora todos a gusto.

Estou a crear... teño enriba da miña mesa unha camiseta de algodón lisa á que lle quero bordar algo para darlle un pouquiño máis de "vida" pero aínda non sei o que :)

Estou a escoitar... agora (isto vai feito a ratos) estou a escoitar o riso dun dos peques a xogar co seu pai :D

Por toda a casa... ósos!!

Unha das miñas cousas favoritas traballar a terra.

Algúns plans para o resto da semana... rematar o areeiro, que xa case está, só restan os "detallitos" :D

Unha foto para compartir: Gústanme moito estas fotos dos zapatos que poñen a miúdo as nais do mundo endiante, así que o outro día fixen unha :)


(Por certo que estas son as medias que levo hoxe)

7 de maio de 2009

Non puido ser

Decátome polo blogue de Gemma que finalmente non vai ser desta tampouco :(


Queres anunciarte? ................................ (post bilingüe)



Dada a cantidade de visitas que estou recibindo ultimamente, xeralmente máis de 100 diarias (cando escrebo esta mensaxe), pensei en abrir o blogue a todas as que producides algo de xeito artesanal.

Por iso, se queres publicitarte de balde no meu blogue, envíame un banner de 130x130 pixeles. O teu banner estará na columna lateral dereita até que apareza outra tenda ou como mínimo unha semana.

*** *** *** *** *** *** *** *** ***

Dada la cantidad de visitas que estoy recibiendo ultimamente, generalmente más de 100 diarias (cuando escribo este mensaje), he pensado en abrir el blog a todas las que producís algo de manera artesanal.

Por eso, si quieres publicitarte gratuitamente en mi blog, envíame un banner de 130x130 pixeles. Tu banner estará en la columna lateral derecha hasta que aparezca otra tienda o como mínimo una semana.


4 de maio de 2009

Proxecto semanal con letras

Para o proxecto da semana pasada co tema letras fixemos caras cun dos moitos alfabetos que temos na casa:


E tamén pintamos algunhas letras.
Primeiro dáselle forma á letra no papel con "cinta de carrocero"


Despois píntase con acuarela


Deixase secar e retírase a cinta


O resultado é ben bonito


E por suposto pintamos máis cousas, encántame como locen namentres secan! :)

3 de maio de 2009

Participantes do proxecto semanal: CASIÑA

Como as ligazóns ós vosos proxectos estaban en varias mensaxes, espero non me ter esquecido de ninguén, se é así desculpádeme e deixade aquí a ligazón :)

Adivina cuánto te quiero


A familia dos tartarouchos


Anar aprenent


Bajo el diente de león


Creciendo unidos


Dálle un coliño


Grillos y canarios


La mamá gallina y sus cuatro pollitos


Mazáns verdes e vermellas


Mi hijo mi maestro


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender y aquí


Paideia en familia


Papá Conejo - Mamá Piojo


Un desert a casa


Una planta de naranja lima



Palabra clave desta semana: ÓSO (hueso)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (letra) nesta mensaxe.


---------------
Como vos ides apuntando máis, recórdovos o favor que vos pedín: :)
Sei que algunhas xa o facedes pero ó resto gustaríame que fixerades unha foto, digamos especial, para o proxecto semanal onde non saíran os vosos fermosos fillos, violéntame pór imaxes recoñecíveis de xente do blogue e máis se son menores. Espero que non vos supoña moito traballo, graciñas :)

Como os vais apuntando más, os recuerdo el favor que os pedí: :)
Sé que algunas ya lo haceis pero al resto me gustaría que hicierais una foto, digamos especial, para el proyecto semanal donde no salgan vuestros preciosos hijos. Me violenta poner imágenes reconocibles de gente en el blog e más si son de menores. Espero que no os suponga mucho trabajo, graciñas :)

---------------

1 de maio de 2009

Os maios II

Fomos ver e escoitar os maios á cidade de Pontevedra e trouxen unhas fotos para vos.


Unha "coroa"


O cumio dun maio


Outra coroa


Precioso tocado de fiúncho e margaritas dunha agrupación de persoas maiores.


O maio.
Xeralmente todos son feitos cos mesmos materiais mas varían as formas, en Pontevedra é característica esta forma cónica pero noutros lugares hai formas figurativas e tamén outros materiais, aínda que o fiúncho (o verde) é o material base en todos.
Istos maios cónicos soben ó escenario e os nenos (xeralmente integrantes dalgunha escola ou dalgunha entidade cultural) cantan unha copla satírica dando círculos ó redor del e golpeando cunhas claves.


Os maios

O 1 de maio celébranse na Galiza "os maios", festa pagá coa que se celebra a fin do inverno e a chegada da primavera, ten unhas orixes pouco claras, algúns historiadores sitúana no Paleolítico e outros no mundo grego-romano, o único do que temos certeza é da súa antigüidade polo feito de que foron prohibidos nos primeiros anos do cristianismo.

O nome de "maios" o recibe tanto a festa como as súas representacións. Ó redor desta celebración hai moitos costumes, os que eu recordo dende pequena e que aínda se manteñen son:
  • Enfeitar o primeiro de maio os coches e máis as portas das casas. Antigamente colocábanse os ramos de flores tamén nas cortes e nos carros, agora son os coches os que locen nos parachoques xesta ou toxo. Este costume ven de antigo pois sábese que foi prohibido polo Concilio de Braga no ano 570. Istos ramos chámanse "maios"
  • As figuras feitas con herbas, flores, froitas, etc. á redor da cal se canta unha copla satírica que fai alusión ós problemas locais. Tamén se fai o primeiro de maio.
Máis información: Os maios, unha festa antropolóxica galega


Unha actividade para facer cos pequenos sería a realización dun pequeno maio de cartolina enfeitado con recortes semellando as laranxas, ovos, flores, etc.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails