25 de julho de 2011

Celebrando o Día da Patria Galega

Hoxe é o día grande da Galiza, o Día da Patria Galega, e este ano por vez primeira gostaba de facer algo cos pequenos e ao tempo que se notase que era un día de festa, así que pensei que podíamos facer unhas bandeirolas.

Collín uns trapos que eran dalgunha camiseta vella, corteinos rectangularmente e debuxamos en cada un deles un rectángulo cunha franxa azul: a nosa bandeira sen ornamentación. Foi moi curioso porque era a primeira vez que lles falaba da bandeira e unha amiguiña (escolarizada) que estaba na casa comentou que levaba unha estrela vermella no centro, eu expliqueilles que tamén había outra versión cun escudo no centro. 
(Por certo , comparto esta interesante web que atopei: http://www.bandeiragalega.com/)


Dinlles as bandeirolas e díxenlles que podían pór o que quixeran e aló se puxeron a debuxar:



Ensínovos algunhas das que fixemos (si, eu tamén fixen dúas hehehe e si, hai moitas coa franxa ao reves, orixinais que somos, ains):

Bandeira con estrela vermella e lenda:
I GALIZA

Bandeira con flor, confeti e lenda:
Adoramos a Galicia

Bandeira con "sabe-deus-que"
O máis cativiño tamén quixo participar :)

Bandeira con corazón vermello, dúas árbores e lenda:
Adoramos a Galiza

Bandeira con confeti
Ehem, esta é miña :)
Bandeira cunha G verde, lenda e confeti
Galicia

Bandeira con escudo, estrelas e lenda
GALIZA
Despois quixeron facer unhas bandeiras:
  • Na do fundo pon: I GALIZA
  • A do medio encántame! quen precisa de estrelas vermellas puidendo ter un corazón vermello cun sol?
  • E a que está no primeiro plano pon: GALIZA É O NOSO FOGAR e ten un corazón porque "é unha raíña"

E esta é a nosa manualidade para o Día da Patria Galega, a nosa celebración incluiu unha procesión que montamos polo pobo endiante coas bandeiras asomando polas xanelas e o himno galego a todo meter, churrasco e tarta de feituría de chocolate.



Agora temos o encargo de celebrar o día de España (non te rías vasca mía que te vexo) e o de África (o ano pasado xa estivemos na festa de Senegal que organizou a comunidade senegalesa en Ourense).
Si é que o que non se celebre nesta casa...