17 de maio de 2010

Dia das letras galegas

Hoxe é o día das letras galegas, o día no que celebramos a nosa lingua a pesar de estar ferida de morte.

Sen dúbida hoxe é un día triste. Os nosos fillos son con toda probabilidade, os últimos falantes do galego e a min isto rómpeme o corazón. Moita xente non lle da valor, pensa que as linguas só serven para comunicarmos mas eu non penso igual, a lingua é a alma do pobo, na lingua están as palabras antigas de cousas que xa non existen, os contos contados baixiño, os seres máxicos que vivían nas nosas fragas e que tamén van morrendo coa lingua, na lingua están as palabras cheas de amor dunha nai e iso non se pode traducir, eu non quero que "me cojan en brazos", eu quero que me dean coliño e me dean mimiños e bicos ou beijinhos. Eu quero que o meu home me chame cariñosamente papanciña e non "tontita". Eu non quero que deixe de ser "o meu home", non quero ter "marido" nen ser a "esposa" de ninguén...

Eu non quero que morra, mas o feito é que xa non é a lingua da Galiza actual, o feito é que na Galiza xa non se fala galego.

Estamos a criar aos derradeiros falantes do galego
e iso éncheme de bágoas.


Non quero ser estranxeira na miña terra, non quero que sinalen aos meus fillos por falar a súa lingua, non quero que se sorprendan de que son galegos, non quero que lles pregunten que lingua falan,...

Durme meu neno, durme, colle forzas...



Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes enteiros,
pra libertala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língua que falo, despreciada,
por ser língua de probes, língua escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.
Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes enteiros,
pra libertala.

----------------------------------------
Duerme mi niño, duerme,
sin más llanto,
que el tiempo de llorar,
va pasando
Que la tierra en la que vives,
en vez de lágrimas,
necesita hombres enteros,
para liberarla.
Duerme mi niño, duerme,
coje fuerzas,
que la vida que te espera,
pide lucha.
Recogerás el fruto,
sembrado,
en el invierno oscuro y frío,
en el que estamos.
Semilla hecha en sangre por un pueblo
que surge desde la historia, desde el sueño,
un sueño lleno de ultraje y miserable,
un sueño de injusticias y silencio.
Mira la lengua que hablo, despreciada,
por ser lengua de pobres, lengua esclava,
son el orgullo que tenemos, lengua de pobres.
Solo en ellos hay verdad y honores.
Duerme mi niño, duerme, en estos brazos,
que esta tierra de esclavos no tiene odio.
Tiene siglos de esperanza, esperada,
que pone hoy en los hijos que amamanta.