29 de janeiro de 2011

Recursos para a Candeloria, 2 de febreiro

Na Galiza o 2 de febreiro día da Candeloria, é a festa do amor.

Segundo a crenza popular neste día casan os paxaros nas árbores (“a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, reza o dito) e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.

Tamén é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos refráns de máis abaixo no caso da nosa terra, ou coa celebración do “día da marmota” noutros lugares.

E para os mariñeiros tamén marcaba o comezo da navegación despois de ter amarrados os barcos durante o inverno.

A Candeloria marcaba a metade do inverno. Era considerada tradicionalmente como o preludio da chegada da primavera, do renacer da natureza, a Festa da luz! Pois aínda que os días xa van medrados e as tardes vanse facendo máis longas desde decembro, é agora cando marchando (ehem, isto é un dicer) a choiva, máis se nota a claridade.

Das súas orixes dícense moitas cousas, vai ti a saber! Por estas datas era a celebración celta da chegada da primavera, o Imbolc e quizais de aí veñan as súas orixes, quizais esta é a explicación do lume apotropaico deste día, tan celta e tan presente noutras celebracións pagás tamén cristianizadas. En moitas parroquias galegas, este día é costume que o párroco bendiga as candeas que a xente mantén acesas durante a misa e que despois levarán para a casa pois se lles atribúen poderes máxicos como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo, pois a elas encoméndase a alma de quen sofre a agonía.

E tamén podemos aproveitar este día para encantar ás serpes (“Santa Candeloria me ampare desta cobra”), cousa que temos que ter en conta en vista da cantidade de víboras do pasado verán, ains.

Refráns relacionados:
  • A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa
  • Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora
  • Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra
  • Se a Candeloria chora, o inverno vai fora. Se ri, o inverno quere vir
  • Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar.

Máis información en:


  • Tradiciones y creencias relacionadas con el día de Santa Brigida y la Candelaria (moi interesante)




  • Galicia Espallada




  • Casa de Tolos




  • Diccionario enciclopédico gallego castellano, de Eladio Rodríguez González.




  • A Nosa Terra diario




  • Algúns recursos que poden servir:


  • Valentine's Day Animal Crafts




  • Animals Crafts Heart Shapes




  • Encántame esta manualidade de paxariños:




  • dia da candeloria



    Para ver: