31 de março de 2009

Proxecto semanal primaveral

Nótase que este proxecto tiña que ver con algo que nos gosta moito pois foi moi productivo :)

Para empezar, mudamos o noso enfeite da porta, que como xa imaxinades está feito con cartón de caixa de cereais pintado a témpera e decorado coa cola esa de brillos e unhas bolboretas de "gomaeva"

Tamén enfeitamos o noso panel con axuda da revista "Maestra infantil" que trae cousiñas para enfeitar as aulas. Eso pertence á revista da primavera pasada.
Tamén enfeitamos o cuarto cunha gran flor montada pétalo a pétalo e que tamén leva o pegamento ese dos brillos ;)
E xa para rematar, a nosa xanela de primavera, feita nunha caixa de zapatos.

Para rematala foron engadidas dúas nenas princesas que sacan a pasear ós seus gatiños :)

Esto debe ser o que chaman "Sair do armario" XD

28 de março de 2009

Participantes do proxecto semanal: FOGUETE

Adivina cuánto te quiero


Anar aprenent


Bajo el diente de león


Creciendo unidos


Cuatro en familia


Dálle un coliño


Mi hijo mi maestro


Orca: Observar, Recordar, Crecer y Aprender





Palabra clave desta semana: ONDA (ola)
Para non me esquecer de ninguén, rógovos deixedes a ligazón do voso proxecto desta semana (primavera) nesta mensaxe.

"Poucheando"

Hai tempo corteilles ós meus pequenos este pouch para que xogaran a levar ós seus bonecos como fai mami.
É ben doado de facer, só tendes que cortar unha camiseta que sexa máis ou menos da talla do rapaz que vai usar o pouch como no debuxo. Pola miña experiencia é mellor que sexa un bocadiño máis grande da súa talla e cortádeo bastante ancho porque así é-lles máis doado meter os bonecos.

27 de março de 2009

Empeza o periodo de preinscripción nas escolas II

····················· O colexio como prisión ·····················
Por Johan Eimeric

Segundo a Constitución Española, artigo 25, "As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á reeducación e reinserción social [...]". Tendo en conta que o obxectivo principal do colexio é a educación e a inserción social, podería considerarse como un primeiro cárcere.


Iso coincide perfectamente coa percepción habitual que se ten de calquera neno como un delincuente en potencia, quizá efecto da súa reducida ou nula responsabilidade legal. A única forma oficial de conseguir a redención é pasar uns dez anos de escolaridade obrigatoria.

Ese período transfórmase, de época de formación, nun puro adestramento sobre patróns de funcionamento social: demostración de habilidades arbitrarias e submisión ao poder establecido. Por conseguinte, non pode sorprender que as autoridades sempre teñan un gran interese por controlar de preto os centros de ensino.

Na España, hai tres tipos de colexio: públicos, concertados e privados. Os públicos son totalmente gratuítos, pero non teñen suficientes prazas. Para suplir esta falta de oferta, cóntase con que un número de pais elixirá pagar un colexio sempre que o prezo sexa razoável. Así aparecen os colexios "concertados", que reciben unha asignación pública a cambio de cumprir certas condicións. Os colexios privados non teñen ningunha axuda, polo que os seus custos os converten en minoritarios.

Deste xeito, as escolas minoritarias convértense nos únicos abandeirados do "cheque escolar": a posibilidade de que os pais elixan en que colexio gastan a asignación orzamentaria que corresponde á escolaridade obrigatoria e gratuíta dos seus fillos.

Polo tanto, a maior parte da poboación infantil acaba recluída en estruturas directamente controladas por gobernos, que lles impoñen os seus temas favoritos, incluíndo idiomas, costumes e relixións locais. Como era previsível, brillan pola súa ausencia o pensamento crítico e as nocións básicas sobre lexislación e economía actuais. As artes quedan relegadas a mero entretemento, mentres que calquera coñecemento evaluável con precisión recibe o selo de "igualitario".

E ese é precisamente o resultado: xeración tras xeración van saíndo dos colexios cunha batería de coñecementos tan facilmente evaluáveis como inútiles: máis historia antiga que historia recente, moita máis física e química que seguridade e nutrición. Nalgúns países, eses defectos corríxense cunha universidade libre; noutros, sófrese unha nova condena.

······························


O artigo en castelán: El colegio como prisión

Diario dunha muller sinxela III


Diario de hoxe 27 de marzo .

Se miro pola xanela... Vexo un ceo azul primaveral, ás gaivotas planeando e ó fondo as montañas verdes de piñeiros e eucaliptos

Estou a pensar... que quero que acaben os mocos por unha tempadiña

Dentro das cousas que aprendemos, hoxe... Estiveron a lerse contos

Síntome agradecida por... que a crise non nos está afectando moi duro a pesar de todo

Das cousas de comer salientar... hoxe raia fritida!! mmmmm

Teño posto... unha camisa de popelín de seda con... XDDDDDD Noooonnn!! estou de brincadeira :DDDD Levo posto un pantalón marrón chocolate cunha camiseta da mesma cor e unha chaquetiña de cor tella, de calzado vou por (aínda estou de sapatillas) uns zapatos marróns de taconazo hehehe, os pendentes en cobre.

Estou a ler... Unha revista que chegou "misteriosamente" ó meu buzón (hai que ver cómo funciona o "Gran Irmán" eh? :P) e que está estupendamente, chámase "El mundo de tu bebé" e segue unha liña editorial baseada na crianza respetuosa

O que espero... que os mocos e toses do meu máis pequeno non vaian a máis (que mal levo que enfermen!)

Estou a crear... Quero empezar un tulipán que irá enriba do espello do baño

Estou a escoitar... A dous dos meus na bañeira, a brincar cunha chea de xoguetes

Por toda a casa... o caos empezando a ser controlado tras dous días de ciática

Unha das miñas cousas favoritas é andar descalza sobre a herba.
Esa é a razón da existencia do céspede que medra nos bordes do blogue, porque cando o miro podo sentir a herba baixo os meus pés.

Algúns plans para o resto da semana... desfrutar do solciño que din que mañá entra choiva

Unha foto para compartir: O que fixen a semana pasada, moi sinxelo e simple pero o vestidiño gañou unha barbaridade ;)

25 de março de 2009

Proxecto semanal inconcluso e fogueteado

Non houbo maneira!Preparei o material e ofrecinllo para tunear pero foi máis divertido xogar simplemente con el :D

20 de março de 2009

As estacións

Durante a viaxe da Terra ó redor do Sol, vanse sucedendo as estacións e nós para celebralo e aprendelo estámos a facer un pendurico.

Polo de agora só lle temos os enfeites do inverno e da primavera. Témolo pendurado diante do noso mural pero para que o percibirades mellor pedinlle ó meu home que sostivera detrás unha cartolina :) Como vedes é ben sinxelo de facer.



RECURSOS:

Deixo unha ligazón cun experimento sinxelo para comprender a rotación e a translación da Terra e polo tanto da sucesión dos días e das estacións: AQUÍ

Máis actividades sobre o tema da Astronomía para infantil, primaria, ESO, bacharelato e universidade en educa-ciencia.com

Diario dunha muller sinxela II


Diario de hoxe 20 de marzo .

Se miro pola xanela... vexo un ceo azul precioso acompañado do calorciño primaveral, aínda que hoxe hai unha lixeira néboa.

Estou a pensar... en como organizar o xardín

Dentro das cousas que aprendemos, hoxe... estivemos a traballar no noso pendurico das estacións.

Síntome agradecida por... a vida!

Das cousas de comer salientar... que teño mono de madalenas de Nutella!! :)

Teño posto... unha blusa estilo country de manga francesa cos cadros en verde e beixe e unha lixeiriña raia en burdeos que leva un bordado de flores tamén en verde. Uns vaqueiros "piratas" cun cinto no mesmo verde, uns calcetíns altos calados en burdeos e vou por uns zapatos de plataforma en pel marrón con detalles en verdes. Tamén levo posto un colarciño de bisutería con bolas en burdeos e os pendentes iguais.

Estou a ler... ultimamente revistas de xardinería

O que espero... que se lle pase xa o catarro a un dos meus pequerrechiños e tamén a otro que empezou hoxe tamén coa tose :(

Estou a crear... un aplique para un vestidiño

Estou a escoitar... a dous dos meus xogar (e a tose, ains)

Por toda a casa... xoguetes, para non variar :)

Unha das miñas cousas favoritas é planificar o xardín

Algúns plans para o resto da semana... rematar o areeiro

Unha foto para compartir:
Mercamos este pantalón para o noso máis pequeno nunha tenda en liquidación. É auténtico daqueles anos, 60-70.

Quedei coas ganas de que houbese talla para todos, mesmo para min, encántame a cor, o tacto, o material (terlanka!! lembrádesvos de cando as cousas estaban feitas por istos materiais tan psicodélicos?) e outra "curiosidade", foi feito na España!! incrível!! xa se me fai raro atopar téxtiles feitos aquí, nestes tempos onde soen vir de países onde é moito máis doado explotar ó proletariado.

A última curiosidade pertence ó prezo do pantalonciño, tamén acorde con aqueles anos: 1€ :)

18 de março de 2009

Proxecto semanal inchado

Para este proxecto fixemos pintura inchável. É moi doada de facer, bótase nunha cunca a mesma cantidade de fariña que de sal, un pouquiño de fermento e reméxese todo. Despois váiselle botando auga para formar unha pasta finiña, pouco mesta.
A continuación repártese a pasta en varias cuncas pequenas, engádeselle o colorante a cada recipiente e remexemos. Nós empregamos "azafrán de mentiras" e xis en pó de cor azul, cando xa tiñamos as misturas feitas fixemos verde misturando as dúas cores.

Xa unha vez feita a pintura só nos resta empregala. Como é líquida e un pouco mesta, imos empregar cartón para pintar nel
(nós para non perder o costume empregamos cartón de caixa de cereais) e pauciños de algodón (deses de limpar as orellas) para aplicar a pintura.
Unha vez rematadas as nosas obras de arte, metémolas no microondas coa temperatura máis alta durante 20-30 segundos, teredes que probar que temperatura necesita a vosa mistura para inchar porque a nós se nos turrou un cartón e revirichouse todo :D
E xa está!!
Un sistema solar de cores, sensitivamente é unha gozada pois as gotiñas quedaron moi redondas, parecen garavanzos cortados á metade. Eu, que sempre que podo intento participar tamén, dinlle releves á nosa Lúa e agora pódese ver tamén cos dedos.
E outras obras, a da dereita é unha vista de Xúpiter